viernes, 30 de enero de 2015

Paz... ¡para todos!

Chegou o Día da Paz e en tódolos colexios preparámonos para festexalo dun xeito ou doutro.

Aproveitando que o pasado día 26 de xaneiro foi o Día Internacional da Educación Medioambiental queremos facer unha reflexión e ampliar o desexo de paz a todo o planeta e non soamente á nosa especie.
Deste xeito podemos entender que a paz comenza con un mesmo, segue polos demais seres humáns e exténdese a tódolos seres vivos e a toda a Terra xa que ¿hai maior paz posible que a convivencia respetuosa entre as especies do planeta?


O Instituto Jane Goodall tráenos a campaña "Mobilízate pola selva", coa que pretende promover a paz entre grupos humáns e a protección de ecosistemas de África e dos seus maiores protexidos: os chimpancés.
¿Cómo axudalos de forma sinxela? ¡Reciclando os nosos móbiles vellos!
O coltán é un mineral usado na fabricación dos móbiles cuia extracción no continente africano esta a causar guerras e conflictos armados entre poboacións, a destrucción de ecosistemas e a morte de chimpancés e gorilas, estes últimos en perigo de extinción.



Así que reciclade os vosos antigos móbiles, que en moitas ocasións quedan apartados e olvidados nun caixón, e salvade con eles vidas humáns e animais.

miércoles, 28 de enero de 2015

Ecocultura

Como xa sabedes, o obxectivo principal do proxecto Voz Natura é fomentar o amor pola natureza e o coidado do medio ambiente, especialmente nos rapaces.

Tódolos colexios que participamos do programa ó longo seus 17 anos de vida sabemos a importancia que ten a concienciación medioambiental. ¡E o ben que responden os cativos! Aínda recordo con agarimo o meu primeiro contacto con Voz Natura, na súa segunda edición coma alumna de Primaria e, como vedes, continúo co espírito dende aquela.

Existen moitos outros proxectos, asociacións, fundacións e particulares comprometidos co coidado da natureza. ¡E tamén cineastas e artistas!
A entrada de hoxe é una recomendación, a modo de lista, de películas e series infantís que transmiten unha mensaxe de amor pola natureza.

  • O Studio Ghibli
    Non é doado elixir unha soa das longametraxes deste estudios de animación xaponés xa que o ecoloxismo está presente en case todas, así que nomearemos aquelas no que é o tema central da película. As dúas primeiras están dirixidas a rapaces de máis de 7 anos:
    -La Princesa Mononoke
    -Nausicaä del Valle del Viento
    -Ponyo en el Acantilado
    -Mi Vecino Totoro
    -El Viaje de Chihiro
Escenas de Mi Vecino Totoro
David, axudando ós animais
  • David, el Gnomo e La Llamada de los gnomos
    Dúas series fantásticas de orixe español nas que os gnomos nos ensinan a apreciar o noso entorno.
  • Ferngully: Las Aventuras de Zack y Crysta
  • Lorax: En busca de la Trúfula Perdida.
    Tanto a película coma o libro do Dr. Seuss no que está baseada.
  • Wall-E
    A plantiña de Wall-E



¡E moitas máis!
Como vedes hai moitas formas de transmitir o amor polo noso medio e  a mensaxe ecoloxista.
¿Tedes algunha en mente?

lunes, 12 de enero de 2015

A volta das vacacións

Ó voltar das vacacións de Nadal, cheos de turrón e de ilusión atopamos algunhas sorpresas:

¡O papel reciclado todavía non secou! Pero en pouco tempo estará preparado para usar.
E o compost, por outra banda, elevou a súa temperatura. Non temos un termómetro para calculala pero, a ollo, semella rondar os 30 graos. ¡Bo sinal! Isto quere dicir que o estamos a facer moi ben. Ademáis, co frío que vai, é agradable meter a man no capacho cando toca removelo.

As árbores lucen xa o seu aspecto invernal e as especies de folla caduca están peladiñas, algúns cogumelos rezagados continúan a saír como se fose outono e ¡incluso hai algunha planta en flor!
Máis só as laranxeiras, mandarineiros e limoeiros están agora cargadiños de froitos.

Déixovos unhas fotos para que o vexades:
As ponlas do limoeiro case non poden con tanto limón

Coas laranxas xa podemos facer un zumiño
As mandarinas precisan madurar
Os derradeiros caquis da tempada
Tamén as maceiras quedaron espidas
Os derraideiros kiwis, antes do Nadal

A menta, pola contra, está en flor
As azaleas danlle ledicia ó inverno
Tamén os chuchameles, especie invasora, dan algo de cor
Unha sorpresa de cara á primavera: plantas de amorodos
Os rapaces de 5ºC están toliños por comezar a traballar
¡Tanto que fan os regos un pouco tortos!
O papel a secar ¡quédalle pouco!


miércoles, 7 de enero de 2015

Reciclar papel

¡FELIZ ANINOVO!

Rematan as vacacións de Nadal e aproveitamos para recordar a última actividade do ano pasado: o obradoiro de papel reciclado.

Xa coñecemos a importancia das plantas para a vida na Terra, en especial das árbores que, ademáis de xerar o osíxeno, forman ecosistemas necesarios para a vida de moitas especies.
O papel faise a partires das árbores e por iso é importante non usar máis do preciso.


Para evitar malgastar papel, enerxía e calquer outro recurso en xeral temos a Regra das Tres Erres:
  • Reducir: Reducir os materiais que usamos e non malgastar.
    No caso do papel podemos evitar usar follas enteiras para pequenas anotacións e noutros casos evitar usar embalaxe innecesario, demasiadas bolsas, enseres de usar e tirar...
  • Reutilizar: Darlle un segundo uso ou máis ó material antes de tiralo.
    Por exemplo, usar sempre as dúas caras dunha folla de papel ou aproveitar as botellas e botes de vidro.
  • Reciclar: Usar os materiais usados como nova materia prima para crear outros similares. Para isto debemos botar os residuos nos contedores adecuados:
    -Amarelo para envases lixeiros de plástico, metal e tipo brik
    -Azul para papel e cartón
    -Verde para vidro
    -Negro para os residuos orgánicos, algunhas veces é doutras cores e inclúe calquer residuo que non encaixe nas anteriores categorías

No noso colexio levamos a cabo as tres erres reducindo e reutilizando o material dentro do posible e botando o lixo nos contedores adecuados pero, ademáis, tamén temos a nosa estación de compostaxe na que reciclamos ou reutilizamos (según se mire) a materia orgánica.

Pero quixemos dar un pasiño máis e ver como se pode facer o papel reciclado na aula (ou na casa) así que a última semá do primeiro trimestre fixemos un obradoiro de papel reciclado cos rapaces de 3º e 5º.
Eles mesmos fixeron as súas follas de papel seguindo estes pasiños:
  1. Collemos papel aproveitado ó máximo, de periódico ou da trituradora.
  2. Cortámolo en anaquiños, canto máis pequenos mellor.
  3. Poñémolo en remollo, mellor se pode ser en auga quente e durante unhas horas.
  4. Para que quede mellor pasámoslle a batidora. ¡Esto sempre con axuda dun adulto!
  5. Sumerximos na mistura unha peneira do revés ou unha malla fina montada nun bastidor.
  6. A levantamos e dámoslle a volta sobre un pano ou baeta.
  7. Retiramos o exceso de auga cunha esponxa e levantamos a peneira.
  8. Podemor poñer outra baeta enriba e pasar un rodelo para deixar a folla máis lisiña.
  9. Deixamos secar entre baetas ou panos, baixo un peso.

Os cachiños a remollo
Pasamos a batidora

A mistura está lista
Podemos decorar con follas ou tintas

Ademáis de aprender sobre ecoloxismo e reciclaxe pasámolo moi ben e temos unhas fotos dos rapaces de 5ºA e 5ºC que o demostran neste álbume:




Cando marchamos para as vacación de Nadal deixamos as nosas follas de papel reciclado secando ¿Estarán listas para a nosa volta?



viernes, 12 de diciembre de 2014

Ficheiro actualizado

Nesta entrada manteremos actualizado o ficheiro vexetal das especies da horta.
Ademáis de poñer o nome común da planta en galego, inglés e castelá engadimos o nome científico latino.


Os nomes científicos son binomiais, é dicir, están compostos de dúas palabras en latín que describen unha única especie de planta, fungo, animal ou bacteria.Existen uns Códgos Internacionais de Nomenclatura según os cales se determinan estos nomes para que sexan iguais en todo o mundo.Desde xeito hai un so nome para cada especie que é igual en todo o mundo e que entenden os científicos sen importar o idioma que falen, xa sea galego ou chinés.
Para entender a necesidade destes nomes podemos pensar nos animais e plantas que, sen saír da propia Galicia, teñen moitos nomes distintos segundo a zona.Por exemplo a xarda tamén é coñecida como cabala, rincha, correolo e outros nomes pero para os zoólogos é Scomber scombrus.
Tamén hai especies distintas para as que se usa o mesmo nome común e o científico permite a súa distinción. Por exemplo o chuchamel refírese tanto á herba salgueira (Lonicera periclymenum) como á flor do trevo (Oxalis pes-caprae).



INVENTARIO VEXETAL
Árbores frutais: 
Limoeiros. Lemon trees. Limoneros (Citrus x limón)
Maceiras. Apple trees. Manzanos:  Manzano de flor (Malus floribunda)  e Maceira brava (Malus sylvestris)
Marmeleiro. Quince. Membrillo. (Cydonia oblonga) 

Figueira. Common fig. Higuera. (Ficus carica) 
Pereira. Pear tree. Peral.(Pyrus cordata)
Kiwi. Kiwifruit.
 (Actinidia deliciosa)
Laranxeira. Orange tree. Naranjo. (Citrus x sinensis)
Diospieiro. Persimmon. Caqui. (Diospyros kaki)
Pexegueiro. Peach tree. Melocotonero. (Prunus persica)
Ameixeira
. Plum tree. Ciruelo. (Prunus sp.)
Ameixeira vermella. Plum tree. Ciruelo Rojo. (Prunus domestica)


Árbores, arbustos e outros:
Acivro. Holly. Acebo. (Ilex aquifolium)
Bidueiro. Birch. Abedul. (Betula alba)
Alcipreste. Cypress. Ciprés piramidal. (Cupressus sempervirens f. stricta)

Loureiro. Laurel tree. Laurel. (Laurus nobilis)
Bambueira. Bamboo. Bambú. (Phyllostachys viridiglaucescens)
Carballo. Pedunculate oak. Roble. (Quercus robur) 
Sobreira. Corck oak. Alcornoque. (Quercus suber
Tuia. Cedar. Tuya. (Thuja occidentalis)
Estripeiro. Hawthorn. Espino albar. (Crataegus monogyna)
Roseira.
Rose. Rosal.
(Rosa sp.
 
Hedra. Ivy. Hiedra.
 (Hedera helix)
Cabrifollo. Honeysuckle. Madreselva. (Lonicera etrusca)
Azalea. (Rhododendron sp.)

Herbas aromáticas e medicinais:
Herba luísa. Lemon beebrush. Verbena de Indias. (Aloysia citriodora)
Hortelá. Spearmint. Menta o Hierbabuena. (Mentha spicata)
Lavanda. Lavender. Lavanda. (Lavandula pedunculata)
Romeu. Rosemary. Romero
 (Rosmarinus officinalis)
Sarxa. Sage. Salvia. (Salvia officinalis)
Arruda. Rue. Ruda.
 (Ruta graveolens)
Estruga. Nettle. Ortiga. (Urtica dioica)

Perexil.
Parsley. Perejil. (Petroselinum crispum)
Ourego. Oregano. Orégano. (Origanum vulgare)
Coandro. Coriander. Cilantro. (Coriandrum sativum)
Herba abelleira. Lemon balm. Hierba melisa. (Melissa officinalis)
Herba moura. Black nightshade. Hierba mora. (Solanum nigrum)

Hortalizas e verduras:
Pementos de Padrón. Padron peppers. Pimientos de Padrón. (Capsicum annuum)
Leitugas. Lettuce. Lechugas. (Lactuca sativa)
Fabas ou feixóns. Beans. Habas. (Phaseolus vulgaris)
Chícharos. Peas. Guisantes. (Pisum sativum)
Tirabeques. Snow peas. Bisaltos (Pisum sativum var. saccharatum)
Cabaciña. Zucchini. Calabacín. (Curcubita pepo var.cylindrica)
Cabaza. Pumpkin. Calabaza. (Curcubita pepo var.pepo)
Cebolas brancas, moradas e do país. Onion. Cebollas. (Allium cepa)
Sandía. Watermelon. Sandía. (Citrullus lanatus)
Cenoira. Carrot. Zanahoria. (Daucus carota)
Apio. Celery. (Apium graveolens)
Patacas. Potatoes. Patatas. (Solanum tuberosum)
Millo. Corn. Maíz. (Zea mays)
Amorodos. Strawberries. Fresas. (Fragaria × ananassa)
Tomate cherry.  Cherry tomato. (Solanum lycopersicum var. cerasiforme)

jueves, 4 de diciembre de 2014

Unha gaiola vermella no horto

Como cada outono os campos énchense de cogumelos este ano. ¡E o noso horto non ía ser menos!

O primeiro cogumelo que atopamos sorprendeunos moito pola súa forma e cor chamativos e porque non é dos máis comúns nos nosos montes.
Trátase dun exemplar de gaiola de bruxa ou lanterna das bruxas (Clathrus ruber), "jaula roja" en castelá.
O noso exemplar, roto pola chuvia

Exemplares en distintos momentos de desenrolo

Ademáis da súa forma tan curiosa e a cor vermella chamativa este cogumelo ten un forte cheiro a podre que os alumnos de 3º e 5º poideron apreciar en persoa.
A finalidade deste cheiro é atraer ás moscas para que espallen as esporar do fungo e que este poida reproducirse e dispersarse.
Como xa podedes supoñer non é una especie comestible.

A orixe deste cogumelo non está clara mais pénsase que poder vir de Australia. Nos últimos anos é cada vez máis sinxelo atopala en Galicia e Asturias, ainda que segue sen ser unha especie frecuente.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Cogumelos!

Dende que comezaron o outono e as chuvias podemos atopar unha gran variedade de cogumelos nos nosos montes, parques e hortos.

Os cogumelos son en realidade os corpos fructíferos ou aparellos reproductores dun tipo de fungos chamados Basidiomicetos. Os fungos medran na terra ou sobre árbores e outras plantas formando finísimos fíos chamados hifas e, ó chegar o outono, forman os cogumelos, cargadiños de esporas para se reproducir.

Hai cogumelos comestibles moi apreciados polo seu sabor pero ¡OLLO! Tamén hai moitos cogumelos que son tóxicos e incluso mortais.
En Galicia é moi común a cacaforra da morte ou pan da morte (Amanita phalloides) que, como o seu nome indica, resulta mortal en moitos casos pois é o cogumelo máis velenoso que se coñece.
Ademáis é moi fácil confundila cunha especie comestible se non somos expertos na materia.
Por este motivo é moi importante non tocar sequera as setas que atopamos e que non coñecemos ben.

Amanita phalloides

Esto non quere dicir que non podamos desfrutar dos cogumelos dos nosos montes.
Hai moitas especies excelentes para consumir das que non nos temos que privar pero ó ideal é ir sempre acompañado dun micólogo ou alguén con moita experiencia apañando.
Ó mellor é aprender a recoñecer unhas pouquiñas especies fáciles de identificar e que non teñan confusión posible con outras velenosas.

Na nosa comunidade son moi comunes os madeirudos ou boletos bos (Boletus edulis) e os níscaros (Lactarius deliciosus), ambas especies moi apreciadas polo seu sabor e con baixa probabilidade de confusión con cogumelos perigosos.


E RECORDADE!
Non se deben recoller nunca máis de dous kilos de cogumelos por persoa e día e sempre se deben levar en cestas que permitan ás esporas saír. Desta forma somos respetuosos co medio, non acabamos coas poboacións de fungos e asegurámonos de ter cogumelos na seguinte tempada.

Tamén debemos seguir as demáis recomendacións do DOG á hora de apañalas e non só para evitarnos unha sanción, tamén pola nosa seguridade e respeto á natureza.

Para acabar déixovos enlazada a Fungipedia, una páxina xenial para aprender máis sobre fungos, consultar dudas de identificación ou charlar sobre cogumelos con outros aficionados.



viernes, 28 de noviembre de 2014

As abellas

Dise que se as abellas (Apis mellifera) desapareceran da Terra o resto da vida desaparecería ó pouco tempo.
Isto é debido a que son as principais polinizadoras do planeta e, polo tanto, as responsables da reproducción da mayoría de plantas.

Imos aprender un pouquiño sobre a vida destes insectos tan importantes.
As abellas viven en colonias que forman colmeas e organízanse nas seguintes castas ou clases sociais.
  • Raíña: Cada colmea ten unha única abella raíña. É a única femia fértil e, polo tanto, a nai de tódalas demáis abellas da colmea. ¡Pon máis de 1000 ovos ó día! Pode reproducirse de forma asexual xerando só machos ou de forma sexual xerando só femias.
          As raíñas nacen iguais a calquera outra femia abella pero dende o primeiro día e durante toda a vida son alimentadas só con xelea real. A alimentación é tan importante que non só provoca cambios fisiolóxicos moi aparentes senón que aumenta a vida da abella raíña ata os 4 ou 5 anos, en lugar dos entre 30 e 120 días que vive unha abella obreira. É a única abella que pode picar máis dunha vez sen morrer.

  • Abellóns: Ou zánganos (en castelán) son os machos da colmea.A raíña sae nun voo nupcial seguida dos abellóns. O máis forte e rápido será o primeiro en acadala e aparearse pero despois morrerá.Tamén axudan a manter quentiña a colmea para as crías e colaboran na producción do mel. Non poden picar porque só as femias teñen aguillón.


  • Obreiras: O resto das femias, as traballadoras da colmea.Pequenas, estériles e cun aguillón aserrado que causa a súa morte se pican ó quedar atorado e desprender o abdomen. As obreiras pasan por distintos “postos de traballo” según a súa idade:
o   Limpadoras da colmea
o   Amas de cría
o   Cereiras ou constructoras de panais
o   Almacenadoras de alimento
o   Gardiás frente a outras abellas (que non abellóns)
o   Ventiladoras que xerán correntes para deshidratar o néctar
o   Encargadas da colleita de néctar, pole, própole e auga


O vídeo seguinte é un exemplo do fermoso sistema de comunicación das abellas, baseado en danzas coas que falan da dirección e distancia á que atopar flores.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Sabías que...?

Na natureza fórmase o humus (unha versión mellorada do compost) moi pouco a pouco nos chans dos ecosistemas pero ¿sabías que hai outros animais que fan os seus “composteiros"?

Hai un pavo en Australia (Alectura lathami) que forma montóns de materia orgánica misturando excrementos, ponliñas e tódolos restos vexetais que atopa e os usa como niño. ¿Para que? Xa temos falado da calor que pode xerar o compost, pois este paviño tan espabilado aproveitao para incubar os seus ovos.
O pavo Alectura lathami
O pavo no seu monte de compost

Tamén os térmites africanos (Macrotermes michaelseni) fan montóns pequeniños de compost con pulpa de madeira e outros restos, nos seus termiteiros. Estes animaliños o fan co mesmo propósito ca nós: preparar a terra para cultivar os seus alimentos.

Os térmites aliméntanse dun fungo (Termitomyces) que precisa para medrar un chan ben abonado co compost. Os térmites non só preparan a terra, tamén podan o fungo e lle dan os coidados que precisa, como auténticas hortelás.

Térmites no seu xardín de fungos

jueves, 20 de noviembre de 2014

Que compostar?

Agora que temos o noso composteiro caseiro montado e listo para comezar o proceso de novo preguntámonos ¿Que podemos botar?

Ainda que a longo prazo toda a materia orgánica é susceptible de seres compostada hai algúns productos máis axeitados ca outros, xa sea polos compostos que conteñen ou por algún inconvinte.
Algúns productos vexetais son duros de máis, poden causan reaccións indesexadas, realentizar o proceso ou enriquecer a mistura nun composto que non queremos ter en moita cantidade.


Aquí temos un resumo dos residuos que podemos compostar, os que imos evitar e aqueles cos que, por algún motivos, temos que ter coidado.


Sexa cal sexa o producto que queramos compostar temos que trocealo ó máximo, canto máis pequenos sean os anacos máis rápido será o proceso, pois os microorganismos que descomponen a materia terán o aceso máis fácil.