domingo, 20 de octubre de 2019

Volta ó traballo hortícola


Volvemos un ano máis a horta en compañía! Este ano o lema do noso colexio é a escoita e estamos dispostas a traballar nela escoitando as nosos compañeiros/as e ós nosos cultivos para facer unha gran comunidade hortícola onde podamos aprender uns dos/cos outros/as.

Este primeiro mes dedicámonos, como de costume, a recoller as sementes dos cultivos do curso pasado, recadamos sementes de leituga (a nosa gran aliada) e de cebola. Ademais recollemos algunha pataca e tamén cenorias (un pouco pequenas, pero moi saborosas!).

Tamén recollemos o noso compost, elaborado con moito agarimo polos alumnos/as do ano pasado e ,como non, comezamos a facer a compostaxe que recolleremos o curso que ven, rico en mazás silvestres para darlle o toque da nosa horta.

Volveremos con boas novas! Mentres tanto, seguimos traballando arrincando as malas herbas que aproveitaron o verán para encher os nosos muros de pintorescas tramas de Hedera helix  (Hedra común).