martes, 24 de enero de 2017

Qué frío fai!

Estas dúas últimas semanas, a ola de frío que sufrimos trouxo consigo temperaturas mínimas por debaixo dos 0ºC, provocando intensas xeadas. Isto acarreou moitos problemas vasculares para as prantas do horto, provocando a morte de moitas delas. Aínda así, sobreviviron as prantas dos dous pequenos invernadoiros que temos (cebolas, cenorias, guisantes e lentellas) e unha pequena parcela cultivada con centeo, un cereal moi resistente a condicions ambientais tan adversas como estas.

Cachos de xeo como os da imaxe, atopámolos abundantemente esparexidos polo horto... Pero xa remata a ola de frío! As choivas que se prevén para os días vindeiros regularán a temperatura e regarán de xeito natural ás nosas prantas. Ademais, encherán as augas dos depósitos de auga e dos encoros, que estaban baixo mínimos. Como a botábamos de menos!!