miércoles, 27 de octubre de 2021

Día Mundial contra o Cambio Climático

 O 24 de Outubro celebrouse o "Día Mundial contra o Cambio Climático", unha data que dende o equipo de Medioambiente do centro consideramos de especial interese pola súa importancia.

Dende Infantil e toda primaria levaron a cabo todo tipo de actividades nas aulas ( visualización de vídeos, xogos interactivos, traballo de fichas e manualidades) para acercar as nenas e nenos este grave problema o que nos enfrentamos na actualidade, o cambio climático.







miércoles, 6 de octubre de 2021

Día Mundial dos Animais


O pasado 4 de Outubro celebrouse o Día Mundial dos animais. As nenas e nenos de Infantil visualizaron uns vídeos sobre a importancia de coidalos e protexelos, xa que moitos deles atópanse na actualidade en perigo de extinción.




viernes, 4 de junio de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe venres 4, tivemos entre nós, a Santiago Neiro. É un axente forestal da Consellería de Medio Rural que sempre está disposto para ensinarnos moitas cousas sobre o coidado e respeto da natureza no noso colexio. Participa cada ano de xeito desinteresado.A súa charla versou sobre: ecosistemas e a súa protección, a reciclaxe, as especies autóctonas e invasoras (animais e flora), o lume e un sinfín de consellos, inquedanzas e ensinanzas.Moitas grazas outro ano máis, Santiago. 

Aproveitamos para celebrar o día Mundial do Medio ambiente que é mañan 5 de xuño para 5º e 6º de Ed Primaria no salón de actos do colexio.








lunes, 3 de mayo de 2021

Utilidades das tubaxes de PVC

 Para plantar as fresas, aproveitamos unhas tubaxes de outros anos, e construimos esta estructura grazas a imaxinación e creatividade do noso profe Tito. Realmente quedou moi chula!!, servirá dun ano para outro.



martes, 27 de abril de 2021

Os nosos amigos os bichiños!!

 Poidemos descubrir estes días, grazas as treboadas e a calor, unha especie de serpe que non é serpe senón un lagarto sen pes!!. Iso nos dixo o noso profe Tito. Chámase lución ou escáncer, un lagarto sen pes.Dócil. Atopamos 4 mentras estamos a preparar a terra para os cultivos. Aquí podedes ver coma xogamos con eles e démolo a coñecer ao resto de compañeiros e incluso algún curso de nenos máis pequenos de 2º EP que se atopoban de visita ao horto esta semana.



 

viernes, 9 de abril de 2021

Canto aprendemos no horto!!

 Coas visitas e actividades programadas no horto, estamos coñecendo as numerosas especies arbóreas que temos neste espazo verde do colexio: as sobreiras, carballos, figueira, maceiras, pereira, kaki, kiwis, faias, espiños, limoeiro, marmelos, sauco, acivro, etc. 

Estivemos a retirar a cortiza das sobreiras para logo fabricar algún artiluxio: barco, posavasos,..

Nesta imaxe: Carmela, Pancho, Lara, León, Bruno, 
Daniela, Lucía, Ángela e Lola de 6ºC




martes, 16 de marzo de 2021

Día Mundial da Auga

 Esta semana, o 22 de marzo, celebraremos o Día Mundial da Auga. Faremos varias actividades de sensibilización e concienciación nesta semana que entra: vídeo e posters para a aula.

A auga, trátase dun recurso sumamente ameazado polo crecemento demográfico, a demanda en constante aumento dos sectores agrícola e industrial e os efectos cada vez máis graves do cambio climático, que fai máis irregulares os patróns de dispoñibilidade de auga. No medio de todo isto, as sociedades tratan de conciliar as distintas esixencias en materia de recursos hídricos, pero, segundo afirma a ONU, “non se teñen en contan os intereses de moitas persoas”. E, é que, a forma na que valoremos a auga determinará a forma en que se xestione e repártase. 

lunes, 15 de marzo de 2021

Seguimos coas tarefas no horto

Comeza o bo tempo e continuamos a preparar os bancais e parcelas para os cultivos: pementos, tomates e leitugas. É epoca de poda tamén e de seguir retirando as malas herbas e maleza despois de tanto tempo sen poder empregar este espazo para os cultivos e actividades na natureza.



 Alba e Mara de 6ºA nas labores de limpeza e acondicionamento.

 

lunes, 1 de marzo de 2021

Montaxe do invernadoiro

 Despois de preparar o terreo no horto, estivemos a montar o invernadoiro de 6 x 4 mts, grazas á subvención recibida do programa Voz Natura 2019-20. Aquí tedes as primeiras imaxes.




miércoles, 24 de febrero de 2021

Preparación do horto escolar

 Ano novo, e novos folgos. Xa estamos a preparar as parcelas para reactivar as actividades do horto escolar. As primerias sesións ao aire libre!!, adicámolas a preparar o terreo despois de case un ano sen coidados. Nun dos espazos irá o novo invernadoiro do programa Voz Natura. 

Partciparon os alumnos de 5º e 6º. Aquí podedes ver algunha imaxe do seu bo traballo. Noraboa e moitas grazas. Pronto poderedes ver o seus froitos.





viernes, 15 de enero de 2021

Novo invernadoiro

 Por fín chegou o novo invernadoiro!!. 

Aquí está!!. Agora temos que acabar de preparar o terreo para o seu asentamento. Quedan varias xornadas tediosas pero contamos coa colaboración e traballo dos cursos de 5º e 6º de primaria. Nuns días quedará preparado e montado, na parcela escollida según a orientación e as condicións de luz e vento máis favorables. Xa vos iremos contando en próximas entradas no blog. Mudamos de novo as actividades e novas do google site, "el rincón de 5º e 6º, para este blog dende o mes de febreiro 2021.

Parte da estructura do invernadoiro 6 m x 4 m

                               Parte da estructura do invernadoiro de 6 m x 4 m antes da montaxe.