miércoles, 28 de diciembre de 2016

2016 Ano internacional dos legumes


Antes de pechar o ano, gustaríame recodarvos que este 2016 foi proclamado pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) como o "Ano Internacional dos legumes".


Qué son os legumes? 
 Son un tipo de cultivo anual que produce entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variable dentro dunha vaina. Exemplos de legumes son as lentellas, os guisantes, as fabas, as xudías, os garabanzos...

Cáles son os obxectivos da FAO?
  1. Sensibilización do importante papel das leguminosas na produción sostible de alimentos, así como a súa contribución á seguridade alimentaria e á nutrición
  2.  Promover o valor e o uso de leguminosas no sistema alimentario, ademais dos seus beneficios para a fertilidade do solo e para a loita contra o cambio climático
  3. Fomentar  unha maior produción de hortalizas, incentivar a investigación e afrontar os retos do comercio de vexetais.
Cáles son os beneficios dos legumes?
  1. Axudan a reducir o colesterol e a hipertensión e son baixos en grasa; polo que disminúe o risco de padecer enfermidades cardiovasculares e obesidade.
  2. Presentan vitaminas C e E que axudan a fortalecer os ósos e o sistema inmune.
  3. Diminúen o risco de padecer cáncer.
  4. Axudan a fixar nitróxeno, un elemento necesario para o crecemento das plantas.
  5. Melloran a estructura do chan gracias á penetración das súas raíces
  6. As súas flores atraen a gran cantidade de insectos polinizadores.




miércoles, 21 de diciembre de 2016

Semana da Ciencia (3º Primaria)

Como ben expuxen nunha entrada anterior, estas últimas semanas de Decembro estanse a celebrar no colexio unhas xornadas sobre ciencia, encamiñadas a que os máis pequenos den os seus primeiros pasos no mundo da ciencia e comecen a experimentar por sí mesmos. Con este motivo, decidiuse realizar, nas horas destinadas a horto escolar, unha serie de experimentos.
En 3º de Primaria fixéronse dous experimentos, sinxelos pero abraiantes, para que o seu primeiro contacto coa ciencia os atraia a seguir experimentando. O primeiro titúlase Volcán de escuma, que gustou moito; o segundo, Lámpadas de lava, un experimento que poden realizar nas súas casas para sorprender ó resto da familia.

Aquí vos deixo os vídeos dos experimentos explicándoos paso a paso.








Bo Nadal!!

Semana da Ciencia (5ºPrimaria)

Boas tardes!
Estas últimas semanas de Decembro estanse a celebrar no colexio unhas xornadas sobre ciencia encamiñadas a que os máis pequenos experimenten por sí mesmos e den os seus primeiros pasos no mundo da ciencia e do coñecemto científico.  Así, decidiuse realizar, nas horas destinadas a horto escolar, unha serie de experimentos que siguen esta finalidade.
En 5º de Primaria, interesábanos que o alumnado coñecese a forma de proceder en ciencia, into é, realizando preguntas e chegando a conclusións a partir de experimentación. Deste xeito, realizouse unha práctica cuxa principal pregunta a responder era: Por qué cambian de cor as follas en Outono?
Para que desen coa solución, dividíruse o alumnado en 3 grupos mixtos e a cada grupo cedéronselle unha folla de cada cor: verde, amarela e vermella.
Con estas follas o alumnado debería aplicar a técnica de cromatografía, isto é, de separación dos pigmentos contidos nas mesmas a partir da adsorción da fase líquida (resultante de esmagar as follas nun morteiro con alcohol) a unha fase sólida (papel de filtro).
Por último, e á luz dos resultados, foise guiando ó alumnado con distintas preguntas (Qué cores observas no papel de filtro en cada unha das follas? Por qué cores van pasando as follas no Outono? Que condicións hai en Outono diferente das de verán?) ata que derán ca resposta.






Eles rematárono decubrindo... Tí aínda non?

viernes, 16 de diciembre de 2016

Ampliación do estanque

Aproveitando estes inusuais días outonais de sol e ceos despexados, baixamos ó horto para continuar cun dos proxectos comezados o ano pasado: a creación e ampliación dun estanque artificial. Con este propósito, o alumnado de 5º e 3º de Primaria enfundouse nas súas catiuscas e comezaron a cavar tanto ó ancho como en profundidade. Estes non pararon nin para descanasar!!
Agora o estanque está collendo forma, e xa se está discurrindo a mellor maneira de impermeabilizar o fondo así como as distintas especies vexetais que formarán parte deste ecosistema acuático.

Un estanque trae moitos beneficios para o horto, pois nel críase fauna que actúa eficazmente contra as pragas que se desenvolven con frecuencia nos froitos e verduras. Ademais, é unha boa forma de que o alumnado comprenda os compoñentes e as diversas interaccións que ocorren nun ecosistema natural.

Déixovos aquí un enlace onde se comentan tódolos beneficios de ter un estanque no horto e un vídeo dos nosos cativo traballando:
http://nenolabrego.blogspot.com.es/2014/02/beneficios-de-tener-un-estanque-en.html




viernes, 2 de diciembre de 2016

Transplante das plántulas

Continuamos co proxecto "enverdecer o colexio". Estes días o alumnado de 2º de Primaria e  o alumnado de 3º de 5º de Primaria, baixou ó horto para realizar a actividade de transplante das hortalizas sementadas fai unhas semanas. Estas plantas mantivéronas nas súas clases durante 3 ou 4 semanas e os alumnos e alumnas de cada clase déronlle os coidados necesarios e observaron como medraban e cambiaban de forma.
Como xa alcanzaran un tamaño axeitado, baixamos ó horto para realizar a actividade de transplante. As diversas hortalizas transplantáronse nos invernadoiros, que lle darán acubillo e unha temperatura favorable para o seu correcto desenvolvemento. Poderemos comer todo o que plantaron os nosos pequenos horticultores?