Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 6º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 6º. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de mayo de 2015

Desastre no invernadoiro

Coido que non vos contamos a desfeita que nos trouxo a Semana Santa.
Estivemos moi atarefados arranxándoa pero agora nos vai de marabilla.

Se a recordades ben saberedes que esa semana veu con sol pero tamén con moito vento...¡e foi o vento o que levou por diante o noso pequeno invernadoiro!
A estructura era provisional e as pedras que termaban do plástico acabaron furándoo e caendo sobre as leitugas.
O invernadoiro destrozado
Puxémonos mans á obra e agora xa o temos cheo de leitugas listas para consumir, leitugas máis pequenas, pementos de Padrón en flor e unha chea se sementeiros que van fenomenal: espinacas, ravos, máis leitugas, cabazas, flores...

A estructura base de ferro é o esqueleto dunha mesa vella e a porta pequena está feita con botellas PET unidas. O plástico para recubrilo non nos quedou máis remedio que mercalo, pero xa vedes que procuramos aforrar e reciclar todo o que se pode.
A porta de botellas é fanstástica porque deixa pasar a luz e tamén un pouco de aire que ventila o invernadoiro e aporta osíxeno ás plantas.

Fixamos dous lados enterrando o plástico na terra e deixamos outro lado solto para poder traballar dentro con máis facilidade. Este lado o mantemos pechado cunhas pedras e unha rama, para que quede ben asegurado.
Aquí vedes a porta de botellas e o lado solto para traballar a gusto.

 Para facer a porta cortamos o cu das botellas (menos as de enriba) e encaixamos unhas con outras,apoiando a boquilla das últimas no chan.
Para unilas e aseguralas usamos arame e cinta adhesiva e un chisco do plástico que quedou do anterior invernadoiro para impedir que entre moita choiva pola parte superior.
As estrías das botellas permiten que entre unha suave brisiña e airee o interior.
O lado enterrado no chan, por onde máis sol lle chega.

O teito a dúas augas fai que a auga da choiva escorregue cara o chan e non encharque a parte superior.

Aquí podedes ver as leitugas á dereita e os pementos de Padrón á esquerda, aínda pequerrechos.
O invernadoiro deixa pasar os raios de sol pero non permite escapar a calor. Non estar tan exposto ao vento tamén axuda a manter a temperatura.
¡Esto fixo medrar coma tolas ás leitugas!
Pintaza das leitugas e pementos de Padrón coas primeiras flores.
As novas leitugas, pementos, sementeiros e unha col estraviada.

Rapaces de 6ºA acarrexando o material.


Estanos a dar tan bo resultado que xa nos fixemos con outra mesa vella e comezamos a construir o segundo invernadoiro, nesta ocasión darémoslle forma cuns hula-hoops rotos.

Tamén atopamos algunha outra cousiña que pensamos aproveitar para facer cultivos verticais, maceteiros, etc...


Estamos na primeira fase.





                    ¡Seguimos ó pé do cañón!

miércoles, 14 de mayo de 2014

Visita de Don Xulián Barrio, arcebispo de Santiago

Hoxe mércores 14 de maio tivemos o honor de recibir a visita do Monseñor Xulián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela. A súa estadía no centro débese á iniciativa do colexio, Escola de Pais/Nais, e a Asociación  Solidaria para o Emprego e a Formación coa creación do horto escolar, no cal colaboran pais/ nais, Caixa e Cáritas, entre outros.
Na súa visita poido comprobar en situ e charlar cos alumn@s que participan nel sobre esta experiencia moi enriquecedora. 
Poido tamén,  ver un PPT coas imaxes da evolución e traballo realizado por todos eles, ademáis de escoitar aos nenos sobre as vivencias e reflexións que lle aporta este tipo de proxectos e finalmente, visitar o horto onde "certificou" as aprendizaxes, vivencias, ilusións feitas realidade cos cultivos, plantas, frutais, talleres, reciclaxe, coidados, crecemento e todas aquelas tarefas desenroladas ben na horta, no laboratorio ou no alpendre polos diversos cursos dende Infantil a Primaria. Durante o encontro os nen@s agasallaron aos asistentes con flores (rosas), e marcapáxinas con frases de desexos, soños, palabras, ideas que adornan o acivro. Para finalizar o acto Don Xulián Barrio deixounos a súa pegada co plantado na horta dunha árbore: un aguacate.

Dar as grazas a todos os que colaborades en nome dos nenos, de Rebeca, dos profesores e de mín por esta iniciativa tan motivadora e interesante para a formación, a educación dos nosos alumn@s fora da aula formal e que lles axudará a crecer como persoas de ben, íntegras, ecoloxistas, sensibles e solidarias.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Actividades 3ª e 4ª Semana de febreiro (imaxes)

Delimitación  parcelas con baldosas ou azulexos

Construcción do pequeno invernadeiro. 1ª fase

Creación de sementeiros de calabacín cos alumnos de 6ºA

Vista das parcelas preparadas para a súa limpeza

Explicación na pizarra de sementes e as variedades transxénicas (neste caso o calabacín)

Elaboración de sementeiros por alumnos de 6º


domingo, 16 de febrero de 2014

Actividades de xaneiro-febreiro 2014

As actividades que estamos a realizar podemos dividilas en 4 espacios ou ámbitos de realización:
1.- Laboratorio-aulario
2.- Aula formal (clase).
3.- Cobertizo (alpendre).
4.- Horta.
     Aínda q podemos engadir tamén as actividades ou tareas que farán na casa ou fóra do colexio.

Comezamos as actividades cos alumnos de 6º de Primaria dende o 9 de xaneiro e estas foron algunhas das actividades feitas:

Aula/Laboratorio
-Presentación do proxecto da horta escolar na titoria do xoves 9 de xaneiro.
-Recollida de materiais de reciclaxe e refugallo: diferentes envases plásticos ( botellas, tetra-bricks, iogures..), cartóns...
-Elaboración de sementeiros cos envases recollidos no laboratorio (leituga, fabas, lentellas..)
-Creación do taboleiro, mural e o blog do horto escolar (huertoescolarciamaria.blogspot.com)
-Regado diario por turnos dos sementeiros.
-Observación cos microscopios de sementes, flores, e fichas do herbario.
-Explicación e teoria sobre a creación de sementeiros, terra (turba, substratos, etc..).Clase teórico-práctica sobre sementes e sementeiros de variedades locais ou rexionais (pementos de Padrón, cebolas, tirabeques,...)
-Plantado de plántulas de: cebolas, pementos de Padrón e leitugas.
-Observación de sementes como: guisantes, tirabeques, pementos, cenoiras, cebolas varias, herbas aromáticas, cacahuete, fabas, cabazas, sandías....e plantado de algunhas.
-Comezo da recollida do material para os xardíns verticais (botellas de auga..).
-Elaboración dos 2º sementeiros (a partir do 17 de febreiro, exs: calabacín , cabaza)

Alpendre/cobertizo
-Limpeza do cobertizo ou alpendre.
-Montaxe de mesas, estanterías, distribución espacio.Colocación materiais e ferramentas.
-Colocación de palets (reciclados) para xardíns verticais.
-Pintado paredes (pendente do tempo).
-Barnizado da porta (pendente do tempo).

Horta
-Limpeza e selección de materiais (pedras, follas, plásticos, vidro...)
-Medición e delimitación dos espacios (pasillos, parcelas...)
-Poda de árbores: limoneiros, frutais...
-Plantado de flores: hortensias e xeranios...
-Colocación de composteiros: comezo da elaboración de compost vexetal.
-Recollida de auga da chuvia con bidóns de plástico de reciclado.
-Construcción de un pequeno invernadeiro (pendente en febreiro).
-Transplatado de plántulas ao invernadeiro pequeno ( de leituga, pementos e cebolas)





Algunhas imaxes das actividades realizadas durante os meses de xaneiro e febreiro:

 Taboleiro coas actividades ata agora.

Sementes de variedade locais (cebolas, tirabeques, fabas, pementos,) e outras aromáticas.

Composteiros na horta

Diferentes sementeiros con diversos envases