Antes de pechar o ano, gustaríame recodarvos que este 2016 foi proclamado pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) como o "Ano Internacional dos legumes".
Qué son os legumes?
Son un tipo de cultivo anual que produce entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variable dentro dunha vaina. Exemplos de legumes son as lentellas, os guisantes, as fabas, as xudías, os garabanzos...
Cáles son os obxectivos da FAO?
- Sensibilización do importante papel das leguminosas na produción sostible de alimentos, así como a súa contribución á seguridade alimentaria e á nutrición.
- Promover o valor e o uso de leguminosas no sistema alimentario, ademais dos seus beneficios para a fertilidade do solo e para a loita contra o cambio climático.
- Fomentar unha maior produción de hortalizas, incentivar a investigación e afrontar os retos do comercio de vexetais.
- Axudan a reducir o colesterol e a hipertensión e son baixos en grasa; polo que disminúe o risco de padecer enfermidades cardiovasculares e obesidade.
- Presentan vitaminas C e E que axudan a fortalecer os ósos e o sistema inmune.
- Diminúen o risco de padecer cáncer.
- Axudan a fixar nitróxeno, un elemento necesario para o crecemento das plantas.
- Melloran a estructura do chan gracias á penetración das súas raíces
- As súas flores atraen a gran cantidade de insectos polinizadores.
- Para rematar, deixovos un link con consellos que podedes poñer en práctica para que os máis cativos da casa (e os non tan cativos) consuman legumes con maior frecuencia: http://www.fao.org/pulses-2016/news/news-detail/es/c/385389/