miércoles, 28 de enero de 2015

Ecocultura

Como xa sabedes, o obxectivo principal do proxecto Voz Natura é fomentar o amor pola natureza e o coidado do medio ambiente, especialmente nos rapaces.

Tódolos colexios que participamos do programa ó longo seus 17 anos de vida sabemos a importancia que ten a concienciación medioambiental. ¡E o ben que responden os cativos! Aínda recordo con agarimo o meu primeiro contacto con Voz Natura, na súa segunda edición coma alumna de Primaria e, como vedes, continúo co espírito dende aquela.

Existen moitos outros proxectos, asociacións, fundacións e particulares comprometidos co coidado da natureza. ¡E tamén cineastas e artistas!
A entrada de hoxe é una recomendación, a modo de lista, de películas e series infantís que transmiten unha mensaxe de amor pola natureza.

  • O Studio Ghibli
    Non é doado elixir unha soa das longametraxes deste estudios de animación xaponés xa que o ecoloxismo está presente en case todas, así que nomearemos aquelas no que é o tema central da película. As dúas primeiras están dirixidas a rapaces de máis de 7 anos:
    -La Princesa Mononoke
    -Nausicaä del Valle del Viento
    -Ponyo en el Acantilado
    -Mi Vecino Totoro
    -El Viaje de Chihiro
Escenas de Mi Vecino Totoro
David, axudando ós animais
  • David, el Gnomo e La Llamada de los gnomos
    Dúas series fantásticas de orixe español nas que os gnomos nos ensinan a apreciar o noso entorno.
  • Ferngully: Las Aventuras de Zack y Crysta
  • Lorax: En busca de la Trúfula Perdida.
    Tanto a película coma o libro do Dr. Seuss no que está baseada.
  • Wall-E
    A plantiña de Wall-E



¡E moitas máis!
Como vedes hai moitas formas de transmitir o amor polo noso medio e  a mensaxe ecoloxista.
¿Tedes algunha en mente?

2 comentarios:

  1. Noraboa polo post, paréceme moi interesante. De feito, tomeime a licencia de facer estas recomendacións tamén no blog do noso proxecto Voz Natura: http://blogs.voznatura.es/cepaltamira/
    Dende o CEP Altamira de Salceda de Caselas, moitas grazas por compartir.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti polo comentario, sempre é un pracer.

    ResponderEliminar