domingo, 17 de noviembre de 2019

Entre chuvascada e chuvascada traballamos no Lab!



Como di o refraneiro…”Dende Santos a Nadal é inverno natural” e nós, como bos horticultores/as , hibernamos no laboratorio pero sen perder de vista a horta, por iso estamos a preparar os sementeiros da nosa futura colleita primaveral.

Entre chuvascos e fortes ventos comezamos os nosos traballos de investigacións no laboratorio do colexio. Os rapaces e rapazas de 3º e 5º de primaria convertéronse en pequenos/as científicos/as nos seus propios traballos experimentais, utilizando de primeira man o método científico. Grazas a el podemos darlle resposta ás preguntas que nos roldan na cachola, convertendo a experimentación  na base do noso coñecemento.

Non vos imos contar o que estamos a investigar, teredes que esperar uns meses para ver os resultados, pero si vos podemos adiantar que como bos hortícolas o noso traballo vai sobre o solo, as plantas e os habitantes deste pequeno ecosistema que é a nosa horta.

Ate o mes que ven compañeiros/as!

5ªEP Realizando os traballos de investigación sobre as plantas e 3ºEP sobre o solo.