lunes, 27 de abril de 2015

Refraneiro do horticultor

En abril, ¡augas mil!

Este é un dos moitos refráns cos que contamos que teñen que ver coa natureza e o coidado dunha horta. ¡E xa vedes que non está nada errado!

Tanto en galego coma en castelán o refraneiro horticultor é moi rico e non nos virá nada mal coñecelo e telo en conta.


Deixovos algúns a continuación:
  • En abril soamente poda o ruín.
  • Se no toxal hai auga no marzal, as fontes terana ata o otoñal.
  • Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro.
  • Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo palleiro.
  • O que sementa antes de Santa Catalina, moita palla e pouca fariña.
  • Quen cava no mes de santos perde o tempo e o traballo.
  • En Santos, neve nos altos; en San Andrés, neve nos pés.
  • Polo San Vicente, planta os nabos da semente.

  • Marzo ventoso y abril lluvioso traen a mayo florido y hermoso.
  • En abril cortas un cardo y te salen mil
  • Invierno que mucho hiela, cosecha de fruta espera.
  • Flor de febrero no va al granero.
  • Árbol podado en febrero tendrá fruto duradero.
  • Agua por San Juan, quita vino y no da pan.


¿Animádesvos con algún outro?

miércoles, 22 de abril de 2015

¡Feliz Día da Terra!

Como xa saberedes hoxe, 22 de abril, celebramos o Día da Terra.

É un día para reflexionar e concienciarnos sobre a nosa relación co planeta Terra, o noso fogar, a nosa nai, do que tanto dependemos e que tan mal tratamos ás veces.

Os maiores problemas os que se enfrenta o noso planeta están causados directamente por nós, os seres humanos:

  • A superpoblación: E o problema non é só que somos moitos, senón que consumimos demasiado, máis do preciso en moitos casos.
  • A contaminación: Polas sustancias nocivas que vertemos na terra, a auga e memo no aire.
  • A pérdida da biodiversidade: Destrucción de especies animais y vexetais de forma directa ou indirecta pola destrucción de hábitats. 


Este ano o día adícase en especial ás "Cidades Verdes", iniciativa que propón cidades sostibles e eficientes.
Nós facemos a nosa cidade, Santiago de Compostela, un pouquiño máis verde co noso hortiño e promovendo boas prácticas ambientais (¡reciclar, reducir e reutilizar!).

Durante o último mes algúns dos alumnos levaron para a casa sementes e bulbos de distintas plantas en maceteiros feitos con botellas recicladas, para darlle un chisco de verde as súas casas.

E vos ¿faredes algo especial neste día?


viernes, 10 de abril de 2015

¡Novidades!

¡Moito cambiou o noso horto no último mes!
Todo grazas ó bo traballo e entusiasmo dos rapaces e, claro, tamén o bo tempo.

A comezos de marzo puxemos as patacas de Coristanco e as cebolas ¡e as cebolas xa asoman!
Son dous bos exemplos, ademáis, da reproducción asexual das plantas, pois para cultivar estas plantas non acostumamos a usar sementes, senon os tubérculos da pataca e os bulbos da cebola.
Coas cebolas non hay máis que enterrar un pouco os bulbos tendo coidado de que non lles quede aire ó redor. Para poñer as patacas collemos algunhas do ano anterior, mellor se comezan a botar a raíz, cortámolas pola metade e colocámolas nos surcos, co corte cara abaixo.

As cebolas medrando
A primeira en asomar



Antes de marchar para as vacacións plantamos tamén unhas cantas fresas, algunhas no chan, protexidas por unha tea antiherbas que impide o crecemento de mala herba e mantén o chan quentiño.
Puxemos outras en maceteiros colgantes feitos con botellas, pois xa tiñamos unhas cantas do ano pasado pero estiveron toda a Semana Santa sen rego e tan calurosa coma veu non lles sentou nada ben. ¡Esperemos que melloren!
Perdemos as flores, esperemos recuperar as plantas
Fresas protexitas















      As vacacións tampouco sentaron nada ben ós sementeiros.
Perdemos a metade das cenoiras, pementos de Padrón e espinacas que antes ían tan ben.


Quenes van xenial son as coles (rizadas e de Bruselas) aínda que o seu custou.
Mentres que as rizadas comezaron a crecer sen problema ningún e así continúan as de Bruselas foron brutalmente atacadas por eirugas e caracois.
Tamén houbo algúns días de frío que non sentaron moi ben ás poucas follas que sobreviviron ós voraces animais.

A col a medio comer
¿Que se pode facer? e ¿Que fixemos?
  • No noso horto non usamos ningún químico artificial, así que mercar productos deste tipo quedou descartado.
  • Podemos retirar manualmente ós animais pero as eirugas son moi difíciles de distinguir nas coles, pois son exactamente da mesma cor, e os caracois saen na noite ou no crepúsculo. ¡Non é hora de estar no colexio!
  • As trampas de auga ou cervexa son moi efectivas contra os caracois. Só temos que enterrar uns cacharriños cos líquidos preto das coles e os caracois caerán e morrerán afogados. Nós descartamos este método polo de agora, buscaremos algún incruento.
  • As barreiras ó redor das coles, no chan, con materiais que danan ou desagradan os caracois. O camiño de sal quedou descartado porque os mataría pero hai otras opcións que simplemente os repelen: cinza, cáscara de ovo triturada, cunchas esmagadas... ¡Esta foi a nosa opción!
    Un dos sospeitosos habituais

    Ademáis de disuadir ós caracois aportan calcio ó chan.

Con todo isto aínda había algún atrevido e as eirugas seguían sendo un problema.
Matamos dous paxaros de un tiro e resguardamos as coles con botellas de plástico cortadas (¡e abertas por arriba, claro!) que protexen ás plantas e as manteñen quentiñas.



Plantón de col recuperado
A nosa plantación ben protexida



















¡Estade atentos porque quedan moitas máis novidades!
¡Acabáranso as coles para vós!