miércoles, 26 de abril de 2017

Experimentando... con 2º de Primaria

Hoxe viñeron os alumnos e alumnas de 2º de Primaria ó laboratorio para facer 4 experimentos semellantes ós dos científicos que eles están a estudar. Antes de facer o experimento, tiñan ler unha pequena guía que lles indicaba que pasos a seguir e, posteriormente, poñerse mans á obra! Por último, tiñan que cubrir unha pequena ficha coas observacións e as conclusións de cada experimento.
 O certo é que os nosos rapaces non lle teñen nada que envexar ós grandes científicos!!

Leendo a guía


Cubrindo a ficha cas conclusións


 Os experimentos realizados foron:
1.- Facer un compás caseiro. Para iso utilizaron un recipiente con auga, unha agulla de coser, que imantaron, e un anaco de cortizo. Colocaron o cortizo flotando sobre a auga e a agulla imantada. Esta comezará a xirar ata que se detén sinalando o norte.
Imantando a agulla
Colocando a agulla e o cortizo na auga
  

2.- Estudar a densidade e a refracción da luz. Para iso encheron un vaso de precipitados con auga, aceite e alcohol, observando como se quedan un enriba doutro e non se misturan (xa que teñen densidades distintas). Despois meteron un pau de madeira, e viron como parecía que este se rompía en tres fragmentos (debido a refracción).

Enchendo o vaso con alcohol
    Estudando a refracción


 
3.-Observar células vexetais no microscopio.

Mirando polo microscopio


4.- Experimento de Arquímedes: Tiveron que medir o volume do seu lapis, goma e sacapuntas utilizando unha probeta con auga. Ó introducir cada un destes elementos na probeta, a auga subía, dando o valor do volume dos obxectos que introducían. Os alumnos e alumnas tiñan que dicir cal dos tres ocupaba máis volume.

Enchendo a probeta con auga                     Mentendo o lapis na probeta

Calculando o volume da goma
 



 



miércoles, 12 de abril de 2017

O xardín dos sentidos

Unha vez os alumnos de 3º da ESO remataron as xardineiras (para as que utilizaron as clases de tecnoloxía), colocámolas nun aramado localizado no patio de Infantil. Para iso utilizamos arame de metal e pasadores. Despois, enchémolas de terra e plantamos nelas plantas aromáticas (romeiro, tomello, lavanda, ourego e pirixel). Para que non se encharquen de auga, antes de botar a terra colocamos grava e area, que filtra a auga en gran medida.

Tito colocando as xardiñeiras

Botando a grava

Engadindo terra


Plantando as plantas aromáticas
Mans cheas de area

O xardín dos sentidos rematado

lunes, 10 de abril de 2017

Exposición dos traballos

Ós alumnos e alumnas de 3º pedíuselles que buscasen, por grupos, información sobre certos insectos que podemos atopar no horto (nome, hábitat, beneficios/danos para o horto e curiosidades), para coñecelos e saber os seus beneficios ou danos para o horto. Ademais, para este pequeno traballo, os alumnos e alumnas deberían facer unha maqueta do animal,  traer algunha fotografía ou facer un debuxo do mesmo. Unha vez rematado, leron os traballos diante da clase, con resultados espectaculares. O alumnado esforzouse moito e a súailusión foi desbordante.
 
Maqueta eiruga

Maqueta abellas no seu panal

Maqueta crisopa

Maquetas de esquerda a dereita:
escarabello da pataca, cabaliño do demo e cempés

Aquí tedes un vídeo con fragmentos das exposicións. Espero que vos guste!