jueves, 19 de enero de 2023

Queima

 No mes de xaneiro faremos a queima das herbas e rastroxos que fomos retirando para levar a cabo a delimitación de parcelas de cultivo para os diferentes cursos e niveis.

Pedimos permiso a Xunta a través da web https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/ para levala a cabo antes do fin dos permisos alá polo 29 ou 30 de marzo.

Temos 3 días para levala adiante no mes de febreiro fóra do horario escolar e grazas aos profesores que quedarán para realizala a partires das 17.30 h.

lunes, 16 de enero de 2023

Preparación e limpeza zonas de cultivo

 Tocou nesta semana, aproveitando o bo tempo, facer as labores de: limpeza, segado, poda, recollida do lixo e reciclaxe de plásticos etc do horto escolar na hora de ciencias e EF.

Aquí tedes algunha imaxe cos meus compañeiros e o seu traballo realizado




Fonte: Imaxes do profe Tito. Nova elaborada polos alumnos de 6º