Por fin saíu o sol, e con el nós!
Estivemos a facer moitas cousas no horto, transplantes dos
sementeiros, de herbas aromáticas, carteis que identifican os cultivos da
horta, pero tamén coidamos o que xa temos! E para protexer aos noso cultivos
das pragas, das enfermidades e das carencias nutricionais que podan ter,
estivemos elaborando infusións e puríns, algo que resultou moi divertido e onde
puidemos participar todos!
Fixemos infusións de allo, moi boas para espantar pragas, e
puríns de ortigas, para aportar nutrientes as plantas. As elaboracións saíron
moi ben! e tamén o pasamos ben, incluso houbo algún que mentres picaba os allos metía algún na boca! e
outros que mentres recollían as ortigas tiveron algún picor, pero nada que non resolvera a menta que temos na horta! Para iso está!
Faremos máis
infusións! e botarémolas nas nosas plantas, para que crezan vigorosas e sans!
Transplantando a leituga |
Sacando as herbas espontáneas da escarola |
Preparando o purín de ortigas |