O grupo de Erasmus + de 1º da ESO estivo a deseñar e construir un sistema de canalización e aproveitamento da auga da chuvia para encher un depósito de 1.000 litros para reutilizala para o regadío na horta escolar. Aqúi tedes unhas imaxes do proceso que comezou alá polo mes de novembro e que finalmente finalizamos no mes de abril. Xa temos o tamque cheo (en dúas xornadas de chuvia, encheuse!!) e agora imos seguir con proxecto para rematar de construir o sistema de riego na horta cunha bomba de auga, tubos microperforados, válvulas, goteros e temporalizadores nos grifos.
Horto Escolar da Ensinanza
Desde Santiago para o mundo
jueves, 16 de abril de 2026
viernes, 20 de marzo de 2026
Intercambio en Compostela Proxecto 1º ESO: Amizade e Sustentabilidade Lisboa-Compostela
O tempo voa, as plantas medran e o xabón cura: Resultados dun intercambio inesquecible
Hai xa un mes que despedimos aos nosos compañeiros e compañeiras de Portugal, pero a súa pegada segue moi presente no noso centro. O proxecto Erasmus+ non é só viaxar, é plantar sementes (literal e figuradamente) que seguen dando froitos moito despois da despedida.
Hoxe queremos compartir con vós a evolución de dous dos obradoiros que máis nos gustaron:
O noso horto escolar: Aquelas sementes que plantamos con tanto coidado xuntos xa son pequenas plantas cheas de vida. Ver como agroman lévanos de volta a aquelas mañás de traballo compartido na terra, onde a lingua non foi barreira para aprender sobre sustentabilidade.
Xabón reciclado: Despois de catro semanas de espera para o correcto curado, os xabóns artesanais que elaboramos no laboratorio xa están listos. Reciclar aceite usado para convertelo en algo tan útil e creativo foi unha lección de química e respecto polo medio ambiente que non esqueceremos.
Este intercambio deixou en nós algo máis que coñecemento técnico: deixou unha rede de amizade que, ao igual que o noso horto, non para de medrar.
Grazas a todos os que fixestes posible esta experiencia! 🇵🇹🤝🇪🇸
jueves, 4 de diciembre de 2025
Aproveitamento de sementes do horto
Nestes días de novembro estivemos a recoller e aproveitar as sementes do horto recollidas no mes de setembro coma: fabas, xudías, tomates cherries, cabazas, etc para clasificalas e poñer a resgardo da humidade para poder facer uns sementeiros á volta do Nadal. Con estas sementes queremos obter unhas plántulas no mes de marzo cando veñan os portugueses dentro do Proxecto Erasmus +. Xa veredes os resultados.
Na imaxe (propia) podedes observar as fabas, sementes de tomates, cabazas e outras no proceso de separación e secado.
jueves, 23 de octubre de 2025
Invernadoiro listo
Invernadoiro cuberto e semilleiro en marcha!
Hoxe foi un día de moitos progresos e risas no Club Erasmus de 1º de ESO! Xa lle podemos poñer un check ben grande a unha das tarefas principais: colocamos o plástico do invernadoiro 🏡! Despois de todo o traballo de preparar a estrutura, velo listo para protexer as nosas futuras plantas é unha pasada.
Ademais de traballar duro para deixar o invernadoiro perfecto, tamén rematamos de retirar os rastroxos que quedaban, deixando as parcelas listas e superlimpas 🧹. O terreo está case a gritar: "Plantade en min!".
E por suposto, estivemos separando e organizando as sementes con moito coidado. Estamos a montar o noso semilleiro 🌱 e isto xa vai en serio! E o mellor de todo é que gravamos todo! Queremos que vexades cada paso, por se alguén se anima 😉
miércoles, 15 de octubre de 2025
jueves, 8 de mayo de 2025
Tutorial leitugas lisas
Neste vídeo, a modo tutorial, feito polo grupo de traballo do Erasmus de sexto curso, formado por: Nuria, Carlota e Quique podedes saber máis, sobre o cultivo de leitugas lisas verdes en mallas anti-herbas,
miércoles, 7 de mayo de 2025
Grupo Erasmus
viernes, 25 de abril de 2025
jueves, 24 de abril de 2025
Titorial plantado de pementos de Padrón
Hoxe levamos a cabo o plantado de pementos de Padón (dos que uns pican e outros non) no horto escolar cos alumnos de sexto de primaria. Aquí tedes o vídeo feito por eles cun simple móbil e unha app de edición de vídeo, espero vos guste!!.Grazas
jueves, 3 de abril de 2025
Construcción de vivac no horto escolar
Na área de Ed. Física estamos a aproveitar os espazos verdes do colexio coma os xardíns e horto escolar, para construir un refuxio improvisado ou vivac con ramas e canas de bambú, que se atopan na parcela ou xardín diante do pavillón do cole. O vivac foi feito polo alumnado de sexto dentro das actividades na natureza de Ed Fisica, deste curso escolar.



