¡O papel reciclado todavía non secou! Pero en pouco tempo estará preparado para usar.
E o compost, por outra banda, elevou a súa temperatura. Non temos un termómetro para calculala pero, a ollo, semella rondar os 30 graos. ¡Bo sinal! Isto quere dicir que o estamos a facer moi ben. Ademáis, co frío que vai, é agradable meter a man no capacho cando toca removelo.
As árbores lucen xa o seu aspecto invernal e as especies de folla caduca están peladiñas, algúns cogumelos rezagados continúan a saír como se fose outono e ¡incluso hai algunha planta en flor!
Máis só as laranxeiras, mandarineiros e limoeiros están agora cargadiños de froitos.
Máis só as laranxeiras, mandarineiros e limoeiros están agora cargadiños de froitos.
Déixovos unhas fotos para que o vexades:
As ponlas do limoeiro case non poden con tanto limón |
Coas laranxas xa podemos facer un zumiño |
As mandarinas precisan madurar |
Os derradeiros caquis da tempada |
Tamén as maceiras quedaron espidas |
Os derraideiros kiwis, antes do Nadal |
A menta, pola contra, está en flor |
As azaleas danlle ledicia ó inverno |
Tamén os chuchameles, especie invasora, dan algo de cor |
Unha sorpresa de cara á primavera: plantas de amorodos |
Os rapaces de 5ºC están toliños por comezar a traballar ¡Tanto que fan os regos un pouco tortos! |
O papel a secar ¡quédalle pouco! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario