Comeza o bo tempo e continuamos a preparar os bancais e parcelas para os cultivos: pementos, tomates e leitugas. É epoca de poda tamén e de seguir retirando as malas herbas e maleza despois de tanto tempo sen poder empregar este espazo para os cultivos e actividades na natureza.
lunes, 15 de marzo de 2021
viernes, 15 de enero de 2021
Novo invernadoiro
Por fín chegou o novo invernadoiro!!.
Aquí está!!. Agora temos que acabar de preparar o terreo para o seu asentamento. Quedan varias xornadas tediosas pero contamos coa colaboración e traballo dos cursos de 5º e 6º de primaria. Nuns días quedará preparado e montado, na parcela escollida según a orientación e as condicións de luz e vento máis favorables. Xa vos iremos contando en próximas entradas no blog. Mudamos de novo as actividades e novas do google site, "el rincón de 5º e 6º, para este blog dende o mes de febreiro 2021.
Parte da estructura do invernadoiro de 6 m x 4 m antes da montaxe.
jueves, 10 de diciembre de 2020
O invernadoiro
Xa temos un novo invernadoiro!!!. Agradecer de novo ao programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, pola axuda e a subvención ao noso proxecto do horto escolar. Grazas a eles, dispoñemos dun novo invernadoiro xa que o que tiñamos, foi derrubado polo temporal no mes de novembro.
A partires de xaneiro, comezaremos de novo o traballo na parcela do horto co acondicionamento do terreo e o asentamento do invernadoiro, que estamos a piques de recibir. É unha estructura de 6 x 4 mts, feito e comprado preto de Moraña. Contamos poñelo en marcha a comezos do segundo trimestre.
Neste momento, temos en funcionamento os mininvernadoiros nas aulas onde contamos cos sementeiros, para despois transplantar no horto cando mellore o tempo, e teñamos instalado o invernadoiro citado anteriormente.
martes, 29 de noviembre de 2016
Construción de invernadoiros
Para un dos invernadoiros utilizamos aros de hula-hoop rotos, que introducimos na terra escavando a unha profundidade duns 50 cm. Posteriormente, colocamos unha malla antiherbas, para evitar o crecemento de plantas non desexadas e despois unimos os aros con talos de bambú e cinta americana. Por último, cubrimos o invernadoiro dun plástico transparente (que permite o paso de luz solar pero dificulta a súa saída, provocando así o aumento de temperatura na zona interior).
viernes, 8 de mayo de 2015
Desastre no invernadoiro
Estivemos moi atarefados arranxándoa pero agora nos vai de marabilla.
Se a recordades ben saberedes que esa semana veu con sol pero tamén con moito vento...¡e foi o vento o que levou por diante o noso pequeno invernadoiro!
A estructura era provisional e as pedras que termaban do plástico acabaron furándoo e caendo sobre as leitugas.
O invernadoiro destrozado |
A estructura base de ferro é o esqueleto dunha mesa vella e a porta pequena está feita con botellas PET unidas. O plástico para recubrilo non nos quedou máis remedio que mercalo, pero xa vedes que procuramos aforrar e reciclar todo o que se pode.
A porta de botellas é fanstástica porque deixa pasar a luz e tamén un pouco de aire que ventila o invernadoiro e aporta osíxeno ás plantas.
Fixamos dous lados enterrando o plástico na terra e deixamos outro lado solto para poder traballar dentro con máis facilidade. Este lado o mantemos pechado cunhas pedras e unha rama, para que quede ben asegurado.
Aquí vedes a porta de botellas e o lado solto para traballar a gusto. |
Para facer a porta cortamos o cu das botellas (menos as de enriba) e encaixamos unhas con outras,apoiando a boquilla das últimas no chan.
Para unilas e aseguralas usamos arame e cinta adhesiva e un chisco do plástico que quedou do anterior invernadoiro para impedir que entre moita choiva pola parte superior.
As estrías das botellas permiten que entre unha suave brisiña e airee o interior.
O lado enterrado no chan, por onde máis sol lle chega. |
O teito a dúas augas fai que a auga da choiva escorregue cara o chan e non encharque a parte superior.
Aquí podedes ver as leitugas á dereita e os pementos de Padrón á esquerda, aínda pequerrechos.
O invernadoiro deixa pasar os raios de sol pero non permite escapar a calor. Non estar tan exposto ao vento tamén axuda a manter a temperatura.
¡Esto fixo medrar coma tolas ás leitugas!
Pintaza das leitugas e pementos de Padrón coas primeiras flores. |
As novas leitugas, pementos, sementeiros e unha col estraviada. |
Rapaces de 6ºA acarrexando o material. |
Estanos a dar tan bo resultado que xa nos fixemos con outra mesa vella e comezamos a construir o segundo invernadoiro, nesta ocasión darémoslle forma cuns hula-hoops rotos.
Tamén atopamos algunha outra cousiña que pensamos aproveitar para facer cultivos verticais, maceteiros, etc...