Mostrando entradas con la etiqueta 2º Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º Primaria. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de abril de 2017

Experimentando... con 2º de Primaria

Hoxe viñeron os alumnos e alumnas de 2º de Primaria ó laboratorio para facer 4 experimentos semellantes ós dos científicos que eles están a estudar. Antes de facer o experimento, tiñan ler unha pequena guía que lles indicaba que pasos a seguir e, posteriormente, poñerse mans á obra! Por último, tiñan que cubrir unha pequena ficha coas observacións e as conclusións de cada experimento.
 O certo é que os nosos rapaces non lle teñen nada que envexar ós grandes científicos!!

Leendo a guía


Cubrindo a ficha cas conclusións


 Os experimentos realizados foron:
1.- Facer un compás caseiro. Para iso utilizaron un recipiente con auga, unha agulla de coser, que imantaron, e un anaco de cortizo. Colocaron o cortizo flotando sobre a auga e a agulla imantada. Esta comezará a xirar ata que se detén sinalando o norte.
Imantando a agulla
Colocando a agulla e o cortizo na auga
  

2.- Estudar a densidade e a refracción da luz. Para iso encheron un vaso de precipitados con auga, aceite e alcohol, observando como se quedan un enriba doutro e non se misturan (xa que teñen densidades distintas). Despois meteron un pau de madeira, e viron como parecía que este se rompía en tres fragmentos (debido a refracción).

Enchendo o vaso con alcohol
    Estudando a refracción


 
3.-Observar células vexetais no microscopio.

Mirando polo microscopio


4.- Experimento de Arquímedes: Tiveron que medir o volume do seu lapis, goma e sacapuntas utilizando unha probeta con auga. Ó introducir cada un destes elementos na probeta, a auga subía, dando o valor do volume dos obxectos que introducían. Os alumnos e alumnas tiñan que dicir cal dos tres ocupaba máis volume.

Enchendo a probeta con auga                     Mentendo o lapis na probeta

Calculando o volume da goma
 



 



martes, 21 de marzo de 2017

Día Internacional dos Bosques

Este día de celebración mundial dos bosques bríndanos a oportunidade de concienciarnos sobre a importancia de todos os tipos de ecosistemas boscosos , e de celebrar as diferentes maneiras nas que os bosques nos manteñen e protexen. Como exemplos dos beneficios das árbores para nós e para o planeta enteiro pódense mencionar:
   - A madeira é unha fonte de enerxía renovable e ten múltiples usos.
   - Cuntribúen a unha maior calidade de vida e ao aforro enerxético nas zonas urbanas.
   -  Axudan a frear o cambio climático
   -  Fomentan o desenvolvemento sustentable
   - Parmiten a vida de múltiples animais e de outras plantas.


Para conmemorar este día, explicóuselle ós alumnos de 2º de Primaria a forma axeitada de plantar unha árbore, tanto a partires da semente como mediante transplante. Ademais, fixemos unha pequena actividade con eles: A planatción dunha espiral de aromáticas, que atraerán co seu cheiro a miles de polinizadores ó horto. As plantas escollidas foron: fiuncho, menta, lavanda, albahaca e romero.







  

viernes, 2 de diciembre de 2016

Transplante das plántulas

Continuamos co proxecto "enverdecer o colexio". Estes días o alumnado de 2º de Primaria e  o alumnado de 3º de 5º de Primaria, baixou ó horto para realizar a actividade de transplante das hortalizas sementadas fai unhas semanas. Estas plantas mantivéronas nas súas clases durante 3 ou 4 semanas e os alumnos e alumnas de cada clase déronlle os coidados necesarios e observaron como medraban e cambiaban de forma.
Como xa alcanzaran un tamaño axeitado, baixamos ó horto para realizar a actividade de transplante. As diversas hortalizas transplantáronse nos invernadoiros, que lle darán acubillo e unha temperatura favorable para o seu correcto desenvolvemento. Poderemos comer todo o que plantaron os nosos pequenos horticultores?

martes, 25 de octubre de 2016

Proxecto enverdecer o colexio

Estes días demos comezo ó proxecto "Enverdecer o colexio", que pretende implicar a toda a comunidade educativa na plantación e na creación de espazos verdes dentro do colexio. Neste proxecto cobran grade importancia os alumnos e alumnas, pois un dos principais obxectivos é educar no coidado da natureza e na concienciación da importancia do medio natural para o ser humano. Así, o alumnado de 2º de Primaria, xunto cos seus profesores, realizou unha actividade de plantación de distintas especies vexetais: espinaca, lentella, chícharo e cenoria. A plantación realizouse por parellas, e cada parella será responsable do coidado da planta até que esta alcance un tamaño axeitado para ser transplantada no horto escolar, incluíndo a este curso nas actividades de horto.