Agora que temos o noso composteiro
caseiro montado e listo para comezar o proceso de novo preguntámonos ¿Que
podemos botar?
Ainda que a longo prazo toda a materia
orgánica é susceptible de seres compostada hai algúns productos máis axeitados
ca outros, xa sea polos compostos que conteñen ou por algún inconvinte.
Algúns productos vexetais son duros de
máis, poden causan reaccións indesexadas, realentizar o proceso ou enriquecer a
mistura nun composto que non queremos ter en moita cantidade.
Aquí temos un resumo dos residuos que
podemos compostar, os que imos evitar e aqueles cos que, por algún motivos,
temos que ter coidado.
Sexa cal sexa o producto que queramos
compostar temos que trocealo ó máximo, canto máis pequenos sean os anacos máis
rápido será o proceso, pois os microorganismos que descomponen a materia terán
o aceso máis fácil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario