Mostrando entradas con la etiqueta fauna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fauna. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2015

Día Europeo da Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais protexidos da Unión Europea. un programa de conservación da vida silvestre en xeral e da biodiversidade en especial.

Dende fai uns anos o 21 de maio celébrase o Día Europeo da Rede Natural 2000, que pretende dar a coñecer ós cidadáns a riqueza dos nosos espazos naturais.

Por que o 21 de maio?
Tal día coma o de mañá do ano 1992 aprobouse a Directiva de Hábitats europea que permitiu a protección dos ezpazos da Rede Natura.


Este ano fan seu o lema "O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo", referido ó efecto bolboreta e como podemos mellorar o noso entorno cos nosos actos e teñen unha fermosa campaña á que todos podemos contribuir sacando unha foto na que fagamos o xesto da bolboreta coas mans e subíndoa ás redes sociais ou á páxina da iniciativa.


viernes, 10 de abril de 2015

¡Novidades!

¡Moito cambiou o noso horto no último mes!
Todo grazas ó bo traballo e entusiasmo dos rapaces e, claro, tamén o bo tempo.

A comezos de marzo puxemos as patacas de Coristanco e as cebolas ¡e as cebolas xa asoman!
Son dous bos exemplos, ademáis, da reproducción asexual das plantas, pois para cultivar estas plantas non acostumamos a usar sementes, senon os tubérculos da pataca e os bulbos da cebola.
Coas cebolas non hay máis que enterrar un pouco os bulbos tendo coidado de que non lles quede aire ó redor. Para poñer as patacas collemos algunhas do ano anterior, mellor se comezan a botar a raíz, cortámolas pola metade e colocámolas nos surcos, co corte cara abaixo.

As cebolas medrando
A primeira en asomar



Antes de marchar para as vacacións plantamos tamén unhas cantas fresas, algunhas no chan, protexidas por unha tea antiherbas que impide o crecemento de mala herba e mantén o chan quentiño.
Puxemos outras en maceteiros colgantes feitos con botellas, pois xa tiñamos unhas cantas do ano pasado pero estiveron toda a Semana Santa sen rego e tan calurosa coma veu non lles sentou nada ben. ¡Esperemos que melloren!
Perdemos as flores, esperemos recuperar as plantas
Fresas protexitas















      As vacacións tampouco sentaron nada ben ós sementeiros.
Perdemos a metade das cenoiras, pementos de Padrón e espinacas que antes ían tan ben.


Quenes van xenial son as coles (rizadas e de Bruselas) aínda que o seu custou.
Mentres que as rizadas comezaron a crecer sen problema ningún e así continúan as de Bruselas foron brutalmente atacadas por eirugas e caracois.
Tamén houbo algúns días de frío que non sentaron moi ben ás poucas follas que sobreviviron ós voraces animais.

A col a medio comer
¿Que se pode facer? e ¿Que fixemos?
  • No noso horto non usamos ningún químico artificial, así que mercar productos deste tipo quedou descartado.
  • Podemos retirar manualmente ós animais pero as eirugas son moi difíciles de distinguir nas coles, pois son exactamente da mesma cor, e os caracois saen na noite ou no crepúsculo. ¡Non é hora de estar no colexio!
  • As trampas de auga ou cervexa son moi efectivas contra os caracois. Só temos que enterrar uns cacharriños cos líquidos preto das coles e os caracois caerán e morrerán afogados. Nós descartamos este método polo de agora, buscaremos algún incruento.
  • As barreiras ó redor das coles, no chan, con materiais que danan ou desagradan os caracois. O camiño de sal quedou descartado porque os mataría pero hai otras opcións que simplemente os repelen: cinza, cáscara de ovo triturada, cunchas esmagadas... ¡Esta foi a nosa opción!
    Un dos sospeitosos habituais

    Ademáis de disuadir ós caracois aportan calcio ó chan.

Con todo isto aínda había algún atrevido e as eirugas seguían sendo un problema.
Matamos dous paxaros de un tiro e resguardamos as coles con botellas de plástico cortadas (¡e abertas por arriba, claro!) que protexen ás plantas e as manteñen quentiñas.



Plantón de col recuperado
A nosa plantación ben protexida



















¡Estade atentos porque quedan moitas máis novidades!
¡Acabáranso as coles para vós!


viernes, 28 de noviembre de 2014

As abellas

Dise que se as abellas (Apis mellifera) desapareceran da Terra o resto da vida desaparecería ó pouco tempo.
Isto é debido a que son as principais polinizadoras do planeta e, polo tanto, as responsables da reproducción da mayoría de plantas.

Imos aprender un pouquiño sobre a vida destes insectos tan importantes.
As abellas viven en colonias que forman colmeas e organízanse nas seguintes castas ou clases sociais.
  • Raíña: Cada colmea ten unha única abella raíña. É a única femia fértil e, polo tanto, a nai de tódalas demáis abellas da colmea. ¡Pon máis de 1000 ovos ó día! Pode reproducirse de forma asexual xerando só machos ou de forma sexual xerando só femias.
          As raíñas nacen iguais a calquera outra femia abella pero dende o primeiro día e durante toda a vida son alimentadas só con xelea real. A alimentación é tan importante que non só provoca cambios fisiolóxicos moi aparentes senón que aumenta a vida da abella raíña ata os 4 ou 5 anos, en lugar dos entre 30 e 120 días que vive unha abella obreira. É a única abella que pode picar máis dunha vez sen morrer.

  • Abellóns: Ou zánganos (en castelán) son os machos da colmea.A raíña sae nun voo nupcial seguida dos abellóns. O máis forte e rápido será o primeiro en acadala e aparearse pero despois morrerá.Tamén axudan a manter quentiña a colmea para as crías e colaboran na producción do mel. Non poden picar porque só as femias teñen aguillón.


  • Obreiras: O resto das femias, as traballadoras da colmea.Pequenas, estériles e cun aguillón aserrado que causa a súa morte se pican ó quedar atorado e desprender o abdomen. As obreiras pasan por distintos “postos de traballo” según a súa idade:
o   Limpadoras da colmea
o   Amas de cría
o   Cereiras ou constructoras de panais
o   Almacenadoras de alimento
o   Gardiás frente a outras abellas (que non abellóns)
o   Ventiladoras que xerán correntes para deshidratar o néctar
o   Encargadas da colleita de néctar, pole, própole e auga


O vídeo seguinte é un exemplo do fermoso sistema de comunicación das abellas, baseado en danzas coas que falan da dirección e distancia á que atopar flores.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Sabías que...?

Na natureza fórmase o humus (unha versión mellorada do compost) moi pouco a pouco nos chans dos ecosistemas pero ¿sabías que hai outros animais que fan os seus “composteiros"?

Hai un pavo en Australia (Alectura lathami) que forma montóns de materia orgánica misturando excrementos, ponliñas e tódolos restos vexetais que atopa e os usa como niño. ¿Para que? Xa temos falado da calor que pode xerar o compost, pois este paviño tan espabilado aproveitao para incubar os seus ovos.
O pavo Alectura lathami
O pavo no seu monte de compost

Tamén os térmites africanos (Macrotermes michaelseni) fan montóns pequeniños de compost con pulpa de madeira e outros restos, nos seus termiteiros. Estes animaliños o fan co mesmo propósito ca nós: preparar a terra para cultivar os seus alimentos.

Os térmites aliméntanse dun fungo (Termitomyces) que precisa para medrar un chan ben abonado co compost. Os térmites non só preparan a terra, tamén podan o fungo e lle dan os coidados que precisa, como auténticas hortelás.

Térmites no seu xardín de fungos