Rematan as vacacións de Nadal e aproveitamos para recordar a última actividade do ano pasado: o obradoiro de papel reciclado.
Xa coñecemos a importancia das plantas para a vida na Terra, en especial das árbores que, ademáis de xerar o osíxeno, forman ecosistemas necesarios para a vida de moitas especies.
O papel faise a partires das árbores e por iso é importante non usar máis do preciso.
Para evitar malgastar papel, enerxía e calquer outro recurso en xeral temos a Regra das Tres Erres:
- Reducir: Reducir os materiais que usamos e non malgastar.
No caso do papel podemos evitar usar follas enteiras para pequenas anotacións e noutros casos evitar usar embalaxe innecesario, demasiadas bolsas, enseres de usar e tirar... - Reutilizar: Darlle un segundo uso ou máis ó material antes de tiralo.
Por exemplo, usar sempre as dúas caras dunha folla de papel ou aproveitar as botellas e botes de vidro. - Reciclar: Usar os materiais usados como nova materia prima para crear outros similares. Para isto debemos botar os residuos nos contedores adecuados:
-Amarelo para envases lixeiros de plástico, metal e tipo brik
-Azul para papel e cartón
-Verde para vidro
-Negro para os residuos orgánicos, algunhas veces é doutras cores e inclúe calquer residuo que non encaixe nas anteriores categorías
No noso colexio levamos a cabo as tres erres reducindo e reutilizando o material dentro do posible e botando o lixo nos contedores adecuados pero, ademáis, tamén temos a nosa estación de compostaxe na que reciclamos ou reutilizamos (según se mire) a materia orgánica.
Pero quixemos dar un pasiño máis e ver como se pode facer o papel reciclado na aula (ou na casa) así que a última semá do primeiro trimestre fixemos un obradoiro de papel reciclado cos rapaces de 3º e 5º.
Eles mesmos fixeron as súas follas de papel seguindo estes pasiños:
- Collemos papel aproveitado ó máximo, de periódico ou da trituradora.
- Cortámolo en anaquiños, canto máis pequenos mellor.
- Poñémolo en remollo, mellor se pode ser en auga quente e durante unhas horas.
- Para que quede mellor pasámoslle a batidora. ¡Esto sempre con axuda dun adulto!
- Sumerximos na mistura unha peneira do revés ou unha malla fina montada nun bastidor.
- A levantamos e dámoslle a volta sobre un pano ou baeta.
- Retiramos o exceso de auga cunha esponxa e levantamos a peneira.
- Podemor poñer outra baeta enriba e pasar un rodelo para deixar a folla máis lisiña.
- Deixamos secar entre baetas ou panos, baixo un peso.
Os cachiños a remollo |
Pasamos a batidora |
A mistura está lista |
Podemos decorar con follas ou tintas |
Ademáis de aprender sobre ecoloxismo e reciclaxe pasámolo moi ben e temos unhas fotos dos rapaces de 5ºA e 5ºC que o demostran neste álbume:
Cando marchamos para as vacación de Nadal deixamos as nosas follas de papel reciclado secando ¿Estarán listas para a nosa volta?
No hay comentarios:
Publicar un comentario