viernes, 20 de diciembre de 2019

Investigando entre borrascas


Como xa vos informamos, estamos facendo un gran esforzo nos procesos experimentais para darlle resposta as nosas preguntas. Adiantámosvos información confidencial dos nosos traballos para que vexades que no horto non perdemos o tempo:

En 3ºEP  comezamos unha investigación acerca do rego das plantas, xa que, quen non se preguntou máis dunha vez:

  • Cantas veces temos que regar as nosas plantas? 
  • Canta auga temos que botar de cada vez?
Por iso deseñamos unha serie de experimentos para comprobar cantas veces é necesarios botarlle auga a un sementeiro e, con distintas cantidades de auga, analizamos canta agua quedaba dispoñible para as nosas sementes (as macetas que utilizamos son de 7,5cm altura e 10cm de diámetro).

Folla da recollida de datos dos experimentos
Sustratos empegados para o estudo

Por otra parte en 5ºEP cada clase escolleu a súa investigación:

En 5ºA decidiron estudar:

  •   Cal é o pH do zume das plantas?
Esta pregunta ocorréuselles ós rapaces despois de ver en ciencias naturais o tema das plantas e, en horto, o concepto do pH. Pensaron que, coñecendo o pH das plantas poderían axustar mellor os coidados necesarios para o pequeno ecosistema do horto escolar.

Escala de valores de pH

En 5ºB decidiron investigar: 

  • Quen son os habitantes do horto?  

Os animais que viven no horto pero vemos moi de vez en cando. Aquí dividímonos por grupos, e cada un estudará parte da fauna do ecosistema hortícola. Despois, a representación de toda a información recollida, como é; o seu nome científico, a alimentación da especie, o hábitat, de quen é presa e de quen é depredador… o presentarán en forma de colaxe, para darlle luz e cor ó coñecemento.



En 5ºC, despois de debater ente estudar os buratos negros do espazo ou o xénero dos caracois decantáronse por facer a investigación dos caracois, xa que a hai conceptos de física que de momento  se nos escapan… pero quen sabe? Poderá ser una investigación futura dalgún dos nosos alumnos.
Construíndo os terrarios, fogar dos caracois.
Realizando as primeiras observacións



Ademais de traballar en investigación tivemos tempo para facer as nosas tarxetas de Nadal. Nelas, quixemos representar as cores do outono, aquelas que veñen dadas polos distintos pigmentos das follas e soamente podemos observarlas nestas datas, cando as follas perden a cor verde e saen a relucir as cores enmascaradas pola clorofila.


Facendo as tarxetas dos pigmentos das follas de distintas cores recollidas no outono.

Volveremos o mes que ven con boas novas.

Disfrutade das vacacións e...  Bo Nadal a tod@s!