miércoles, 27 de mayo de 2015

¡Remata o curso e remata o proxecto por este ano!

Aínda quedan unhas semaniñas de clase pero a actividade de Horto Escolar remata co mes de maio.
Eu estou encantada de ter formado parte deste proxecto, espero non ser a única e que o ano que ven o colexio poida continuar con esta iniciativa.

Tamén se pecha a edición de Voz Natura 2014/2015.
Coma tódolos anos, o peche será unha gran festa que terá lugar no parque Acea de Ama, en Culleredo o día 6 de Xuño, dente as 11:00 ata as 19:30 h.

Haberá unha exposición cos traballos dos colexios participantes e actividades de moitas clases: hinchables, xogos, competicións deportivas, actuacións, exhibicións...

O acceso ó parque será libre e gratuito para todo aquel que queira ir ó igual que as actividades, todas gratis. O parque conta con zonas nas que se pode xantar se levades comida e tamén ten bares e pulperías se o preferides.

Aquí tedes unhas indicacións sobre como chegar ó parque.
E aquí un mapa e unhas recomendacións.

¡Estades todos convidados!






miércoles, 20 de mayo de 2015

Día Europeo da Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais protexidos da Unión Europea. un programa de conservación da vida silvestre en xeral e da biodiversidade en especial.

Dende fai uns anos o 21 de maio celébrase o Día Europeo da Rede Natural 2000, que pretende dar a coñecer ós cidadáns a riqueza dos nosos espazos naturais.

Por que o 21 de maio?
Tal día coma o de mañá do ano 1992 aprobouse a Directiva de Hábitats europea que permitiu a protección dos ezpazos da Rede Natura.


Este ano fan seu o lema "O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo", referido ó efecto bolboreta e como podemos mellorar o noso entorno cos nosos actos e teñen unha fermosa campaña á que todos podemos contribuir sacando unha foto na que fagamos o xesto da bolboreta coas mans e subíndoa ás redes sociais ou á páxina da iniciativa.


martes, 19 de mayo de 2015

¿Malas herbas?

A primaveira tráenos flores, froitos, fai medrar os cultivos... ¡e as malas herbas!
O noso horto está plagadiño delas, mais... ¿Son tan malas ou é mala fama?

En realidade as malas herbas non son un grupo real de plantas, consideramos mala herba a calquera que medre de forma natural e autónoma entre os nosos cultivos, competindo con eles.
Desta forma, unha planta que noutro caso poderiamos incluso sembrar nós, será mala herba cando apareza onde non nos interesa. A menta é un exemplo claro.

Moitas destas plantas non só non son perxudiciais ¡algunhas poden ser moi beneficiosas!
Temos dous exemplos tremendos na nosa horta que ademáis medran coma tolas en toda Galicia: a estruga ou ortiga (Urtica dioica) e o mexacán ou dente de león (Taraxacum officinale).

A primeira xa a usamos no horto para facer purín, que aporta vitaminas ás plantas e axuda a loitar contra as plagas pero non se nos ocorreu comela ¡e pódese! A estruga é unha fonte de vitaminas e minerais coa que se poden facer infusións. ensaladas, batidos, sopas, recheos... ¡Coma calquera verdura! Ademáis ten propiedades medicinais moi diversas.

A segunda, o mexacán, úsase tamén na cociña: as súas follas tenras fan boas ensaladas e coccións. Tamén ten propiedades medicinais, principalmente depurativas e diuréticas.

Recordade, calquera planta con propiedades medicinais terá tamén contraindicacións, interaccions con medicamentos, modos de  preparación concretos e tamen doses determinadas. Haise que informar moi ben antes de usalas.


¿SABÍAS QUE...?
O nome científico do mexacán é Taraxacum officinale.
Se estades acostumados a leer nomes científicos de plantas saberedes que eso de "officinale" ou "officinalis" é bastante común... especialmente en aromáticas e malas herbas.
Pero ¿que quere dicir?
A traducción literal do latín é "que pertence á officina", referíndose ó almacén ou obradoiro de mediciñas dos mosteiros. Por tanto, calquera planta (ou animal) que inclúa no seu nome ese termo é ou foi utilizada con fins medicinais.


Déixovos aquí os links a dous páxinas fantásticas nas que aprender máis sobre o tema das "non tan malas" herbas e as súas propiedades.

O primeiro é o blog "Disfrutar con el Huerto y el Jardín" no que podemos aprender moito sobre horticultura en xeral pero, en especial, ten unha sección xenial sobre a identificación das flores silvestres.

O segundo é a páxina "La Farmacia Natural", que depende da Fundación Barrié e fálanos das propiedades medicinais de moitas dan plantas que temos nos nosos hortos, montes e camiños.



viernes, 8 de mayo de 2015

Desastre no invernadoiro

Coido que non vos contamos a desfeita que nos trouxo a Semana Santa.
Estivemos moi atarefados arranxándoa pero agora nos vai de marabilla.

Se a recordades ben saberedes que esa semana veu con sol pero tamén con moito vento...¡e foi o vento o que levou por diante o noso pequeno invernadoiro!
A estructura era provisional e as pedras que termaban do plástico acabaron furándoo e caendo sobre as leitugas.
O invernadoiro destrozado
Puxémonos mans á obra e agora xa o temos cheo de leitugas listas para consumir, leitugas máis pequenas, pementos de Padrón en flor e unha chea se sementeiros que van fenomenal: espinacas, ravos, máis leitugas, cabazas, flores...

A estructura base de ferro é o esqueleto dunha mesa vella e a porta pequena está feita con botellas PET unidas. O plástico para recubrilo non nos quedou máis remedio que mercalo, pero xa vedes que procuramos aforrar e reciclar todo o que se pode.
A porta de botellas é fanstástica porque deixa pasar a luz e tamén un pouco de aire que ventila o invernadoiro e aporta osíxeno ás plantas.

Fixamos dous lados enterrando o plástico na terra e deixamos outro lado solto para poder traballar dentro con máis facilidade. Este lado o mantemos pechado cunhas pedras e unha rama, para que quede ben asegurado.
Aquí vedes a porta de botellas e o lado solto para traballar a gusto.

 Para facer a porta cortamos o cu das botellas (menos as de enriba) e encaixamos unhas con outras,apoiando a boquilla das últimas no chan.
Para unilas e aseguralas usamos arame e cinta adhesiva e un chisco do plástico que quedou do anterior invernadoiro para impedir que entre moita choiva pola parte superior.
As estrías das botellas permiten que entre unha suave brisiña e airee o interior.
O lado enterrado no chan, por onde máis sol lle chega.

O teito a dúas augas fai que a auga da choiva escorregue cara o chan e non encharque a parte superior.

Aquí podedes ver as leitugas á dereita e os pementos de Padrón á esquerda, aínda pequerrechos.
O invernadoiro deixa pasar os raios de sol pero non permite escapar a calor. Non estar tan exposto ao vento tamén axuda a manter a temperatura.
¡Esto fixo medrar coma tolas ás leitugas!
Pintaza das leitugas e pementos de Padrón coas primeiras flores.
As novas leitugas, pementos, sementeiros e unha col estraviada.

Rapaces de 6ºA acarrexando o material.


Estanos a dar tan bo resultado que xa nos fixemos con outra mesa vella e comezamos a construir o segundo invernadoiro, nesta ocasión darémoslle forma cuns hula-hoops rotos.

Tamén atopamos algunha outra cousiña que pensamos aproveitar para facer cultivos verticais, maceteiros, etc...


Estamos na primeira fase.





                    ¡Seguimos ó pé do cañón!

martes, 5 de mayo de 2015

¡Concursos!

O mes de maio tráenos dous concursos fantásticos nos que calquera pode participar.
Os dous rematan o 22 de maio así que, se pensades participar ¡bulide!

  • "GALICIA, AUGA E LITERATURA"
    O primeiro ven da man de La Voz de Galicia e Viaqua. É un concurso de fotografía, que non vos engane o título. Teredes que facer unha fotografía relacionada dalgunha forma con pasaxes estelares ou momentos cumbre das grandes obras da literatura galega nas que a auga esté presente. A foto debe acompañarse dunha breve explicación do por que de esa obra e autor.
    -Rapaces de 6 a 16 anos residentes en Galicia, co respaldo dun profesor.
    -Fotos a color ou en B/N, non manipuladas e inéditas, en .jpg e cun máximo de 3MB.

    Bases do concurso 


  • "¿QUÉ HAS HECHO ESTE CURSO POR EL MEDIO AMBIENTE?"
    Neste caso trátase da terceira edición dun concurso de vídeos organizado por Voz Natura.
    Para participar teredes que presentar un vídeo no que se vexa reflectido o que tedes feito polo medio ambiente neste curso 2014-2015. Pode tratarse dunha actividade puntual ou algo constante ó longo do curso e o formato é libre, pode ser un vídeo propiamente dito ou unha presentación de imaxes e cada participante pode subir ata 5 vídeos.
    -Pode participar calquera pero hai que ser usuario de Facebook España, pois por ese medio faranse as votacións.
    -Os vídeos presentaranse por medio de Youtube ou Vimeo.

    Bases do concurso



    ¡COLLEDE AS CÁMARAS E ANIMÁDEVOS!