Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2015

¿Malas herbas?

A primaveira tráenos flores, froitos, fai medrar os cultivos... ¡e as malas herbas!
O noso horto está plagadiño delas, mais... ¿Son tan malas ou é mala fama?

En realidade as malas herbas non son un grupo real de plantas, consideramos mala herba a calquera que medre de forma natural e autónoma entre os nosos cultivos, competindo con eles.
Desta forma, unha planta que noutro caso poderiamos incluso sembrar nós, será mala herba cando apareza onde non nos interesa. A menta é un exemplo claro.

Moitas destas plantas non só non son perxudiciais ¡algunhas poden ser moi beneficiosas!
Temos dous exemplos tremendos na nosa horta que ademáis medran coma tolas en toda Galicia: a estruga ou ortiga (Urtica dioica) e o mexacán ou dente de león (Taraxacum officinale).

A primeira xa a usamos no horto para facer purín, que aporta vitaminas ás plantas e axuda a loitar contra as plagas pero non se nos ocorreu comela ¡e pódese! A estruga é unha fonte de vitaminas e minerais coa que se poden facer infusións. ensaladas, batidos, sopas, recheos... ¡Coma calquera verdura! Ademáis ten propiedades medicinais moi diversas.

A segunda, o mexacán, úsase tamén na cociña: as súas follas tenras fan boas ensaladas e coccións. Tamén ten propiedades medicinais, principalmente depurativas e diuréticas.

Recordade, calquera planta con propiedades medicinais terá tamén contraindicacións, interaccions con medicamentos, modos de  preparación concretos e tamen doses determinadas. Haise que informar moi ben antes de usalas.


¿SABÍAS QUE...?
O nome científico do mexacán é Taraxacum officinale.
Se estades acostumados a leer nomes científicos de plantas saberedes que eso de "officinale" ou "officinalis" é bastante común... especialmente en aromáticas e malas herbas.
Pero ¿que quere dicir?
A traducción literal do latín é "que pertence á officina", referíndose ó almacén ou obradoiro de mediciñas dos mosteiros. Por tanto, calquera planta (ou animal) que inclúa no seu nome ese termo é ou foi utilizada con fins medicinais.


Déixovos aquí os links a dous páxinas fantásticas nas que aprender máis sobre o tema das "non tan malas" herbas e as súas propiedades.

O primeiro é o blog "Disfrutar con el Huerto y el Jardín" no que podemos aprender moito sobre horticultura en xeral pero, en especial, ten unha sección xenial sobre a identificación das flores silvestres.

O segundo é a páxina "La Farmacia Natural", que depende da Fundación Barrié e fálanos das propiedades medicinais de moitas dan plantas que temos nos nosos hortos, montes e camiños.



viernes, 21 de noviembre de 2014

Sabías que...?

Na natureza fórmase o humus (unha versión mellorada do compost) moi pouco a pouco nos chans dos ecosistemas pero ¿sabías que hai outros animais que fan os seus “composteiros"?

Hai un pavo en Australia (Alectura lathami) que forma montóns de materia orgánica misturando excrementos, ponliñas e tódolos restos vexetais que atopa e os usa como niño. ¿Para que? Xa temos falado da calor que pode xerar o compost, pois este paviño tan espabilado aproveitao para incubar os seus ovos.
O pavo Alectura lathami
O pavo no seu monte de compost

Tamén os térmites africanos (Macrotermes michaelseni) fan montóns pequeniños de compost con pulpa de madeira e outros restos, nos seus termiteiros. Estes animaliños o fan co mesmo propósito ca nós: preparar a terra para cultivar os seus alimentos.

Os térmites aliméntanse dun fungo (Termitomyces) que precisa para medrar un chan ben abonado co compost. Os térmites non só preparan a terra, tamén podan o fungo e lle dan os coidados que precisa, como auténticas hortelás.

Térmites no seu xardín de fungos