Dende que comezaron o outono e as chuvias podemos atopar unha gran variedade de cogumelos nos nosos montes, parques e hortos.
Os cogumelos son en realidade os corpos fructíferos ou aparellos reproductores dun tipo de fungos chamados Basidiomicetos. Os fungos medran na terra ou sobre árbores e outras plantas formando finísimos fíos chamados hifas e, ó chegar o outono, forman os cogumelos, cargadiños de esporas para se reproducir.
Hai cogumelos comestibles moi apreciados polo seu sabor pero ¡OLLO! Tamén hai moitos cogumelos que son tóxicos e incluso mortais.
En Galicia é moi común a cacaforra da morte ou pan da morte (Amanita phalloides) que, como o seu nome indica, resulta mortal en moitos casos pois é o cogumelo máis velenoso que se coñece.
Ademáis é moi fácil confundila cunha especie comestible se non somos expertos na materia.
Por este motivo é moi importante non tocar sequera as setas que atopamos e que non coñecemos ben.
Amanita phalloides |
Esto non quere dicir que non podamos desfrutar dos cogumelos dos nosos montes.
Hai moitas especies excelentes para consumir das que non nos temos que privar pero ó ideal é ir sempre acompañado dun micólogo ou alguén con moita experiencia apañando.Ó mellor é aprender a recoñecer unhas pouquiñas especies fáciles de identificar e que non teñan confusión posible con outras velenosas.
Na nosa comunidade son moi comunes os madeirudos ou boletos bos (Boletus edulis) e os níscaros (Lactarius deliciosus), ambas especies moi apreciadas polo seu sabor e con baixa probabilidade de confusión con cogumelos perigosos.
E RECORDADE!
Non se deben recoller nunca máis de dous kilos de cogumelos por persoa e día e sempre se deben levar en cestas que permitan ás esporas saír. Desta forma somos respetuosos co medio, non acabamos coas poboacións de fungos e asegurámonos de ter cogumelos na seguinte tempada.
Tamén debemos seguir as demáis recomendacións do DOG á hora de apañalas e non só para evitarnos unha sanción, tamén pola nosa seguridade e respeto á natureza.
Para acabar déixovos enlazada a Fungipedia, una páxina xenial para aprender máis sobre fungos, consultar dudas de identificación ou charlar sobre cogumelos con outros aficionados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario