viernes, 21 de diciembre de 2018

As cores do outono


Boas Compañeiros/as! 
Xa levamos un tempiño sen pasarnos polo blog. As continuas chuvias as que o inverno compostelán xa nos ten acostumados non nos dan moita tregua para poñer a punto o horto, pero non pasa nada porque así tamén podemos gozar do laboratorio do cole que seguramente botaremos de menos cando saia o sol.

E dado que non para de chover, no laboratorio falamos da importancia da auga. Os nenos e nenas que traballan no horto xa teñen moi claro que a auga é necesaria para o bo crecemento dos nosos cultivos, é fonte de vida pero, na auga hai vida? Isto foi o que comprobaron no laboratorio os rapaces. Eles mesmos prepararon unha mostra de auga doce estanca na que puideron identificar distintas especies microscópicas tanto de orixe animal coma vexetal. Esta experiencia sen dúbida fainos ver a auga con outra perspectiva.

Que puidemos ver?

Táboa Microorganismos. Elaboración propia.
Microinvertebrado de auga doce.




Pero ademais de traballar no estudio da auga tamén traballamos coas cores do outono. Se hai algo que nos chama moito a atención nestas datas son as paisaxes tan fermosas cheas de diversas cores. Cores coma o amarelo, vermello, castaños ou verdes de distintos tons debuxan unha natureza que nos fai soñar. Pero estas cores están sempre nas follas? Quen é o responsable de que as follas cambien de cor?

Para festexar a semana da ciencia en galego fixemos unhas tarxetas coas cales respondemos a estas preguntas que tódolos anos nos facemos. E quedaron ben chulas!


Tarxetas das cores do outono.
As moléculas (pigmentos) son as responsables das  distintas cores que presentan as follas. Todos coñecemos a clorofila pero esta non é a única, hai moitas máis! Elas encárganse de absorber e reflectir a  luz de distinta maneira para así ensinarnos diversas cores.
Cando os días comezan a acurtarse e as follas a caer das árbores, a clorofila marcha! E con ela marchamos nós tamén…pero non vos preocupedes, que volvemos despois do nadal!
Vémonos no horto, en compañía! J