martes, 31 de marzo de 2020

A ciencia dende a casa

 Ola rapaces,

Debido a pandemia actual, trasladamos as ensinzanzas-aprendizaxes da ciencia, do proxecto do horto escolar do colexio (Voz Natura) e todas as actividades programadas, ao formato online a través do google site habilitado para tal fin. Haberá modificacións e algúns cambios por mor da situación e do entorno virtual escollido. Cada semana iremos publicando as tarefas e actividades para realizar dende este mes de marzo ate o mes de xuño. Estade atentos e esperamos sexa do voso agrado. Podedes acceder a través do seguinte enlace: O rincón de 5º

Que a ciencia e o coidado da natureza non pare!!!.

Moito ánimo e a coidarse moito


lunes, 23 de marzo de 2020

Meteorólog@s dende casa


A meteoroloxía é a ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que se producen nela, polo que  nos permíte predicilo tempo.

No horto precisamos coñecelo tempo para planificar as labores pertinentes en cada momento pero… como podemos predicilo tempo?



As nubes fórmanse no ceo pola condensación do aire. A temperatura de condensación determinará o tipo de nube que se formará. Clasifícanse segundo o seu desenrolo; poden ser altas, medias, baixas e verticais, dependendo da altitude á que se encontren.

Aquí vos deixo un póster interactivo co tipo de nubes que podemos atopar no ceo, cunha breve descrición  do que nos indican. Así poderemos facer unha interpretación meteorolóxica!!

Só tedes que facer un click aquí: MeteoNubes

Estes días, vai a estar o tempo cambiante, podedes dedicar uns minutiños a observar o ceo desde a vosa ventá e, coa axuda do póster, clasificar os tipos de nubes que vedes e facer unha predición do tempo.


Boa semana meteorólog@s!!


Referencias e fotografías:
Aguado, E., Burt, J. (2015). Understanding Weather and Climate. EEUU: Pearson.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Os pigmentos das follas




*Deixovos aquí unha breve explicación das tarxetas que fixemos fai un tempo, por se queredes completalas na casa.



Os pigmentos son unhas moléculas que absorben e reflexan luz, é así como producen as cores.

A clorofila é o pigmento principal das follas das plantas, necesario para facer a fotosíntese. Este pigmento absorbe todas as cores da luz excepto a verde, que é reflexada, por iso as plantas teñen esa cor.

Pero as plantas tamén teñen outros pigmentos que reflexan outras cores, os máis comúns son:

  • Os carotenoides, que son un grupos de pigmentos compostos por:

- Carotenos: Dan cores laranxas ou marróns. Son moi abundantes     nas cenoiras.

- Xantofilas (ou luteínas): Dan as cores amarelas tan abundantes no     outono.


  • As antocianinas proporcionan unha ampla gama de cores, dende vermellos, morados ata azuis, dependendo do pH da planta. Podemos ver a súa presenza nos pétalos das flores.



As follas presentan maioritariamente estas cores no outono porque é cando comezamos a ter menos periodos de luz e polo tanto prodúcese menos cantidade de clorofila, e van xurdindo novas cores que estaban enmascaradas.



Un saúdo hortícola para tod@s!


lunes, 16 de marzo de 2020

Preparados ecolóxicos para os cultivos


Bos días hortícolas!

Este mes toca quedarnos na casiña por mor do coronavirus, polo que non podemos saír a coidar dos nosos cultivos pero, o que si podemos facer é seguir aprendendo sobre o seu coidado.

Como xa sabedes , o horto do colexio e ecolóxico… Que quere dicir isto?

Este termo fai referencia á ecoloxía, ciencia que estuda a relación dos seres vivos co seu entorno. Ecoloxía provén das palabras gregas oikos (casa) e logos (estudo), polo tanto a ecoloxía é a ciencia que estuda o noso fogar. 

E que é ecolóxico? Un produto ecolóxico é aquel que foi elaborado sen dano para o medio ambiente, a saúde ou o benestar; tanto animal coma vexetal.

Así pois, deíxovos unhas receitas para preparar infusións e outros preparados ecolóxicos que nos axudarán a protexer os nosos cultivos.


Pero...cales son os beneficios destes preparados?

PURÍN DE ORTIGAS

Acarcida
Insecticida
Fertilizante
Funguicida

INFUSIÓN DE CEBOLA

Funguicida
Insecticida

EXTRACTO DE ALLO

Acaricida
Bactericida
Funguicida
Insecticida
Rodenticida



Lenda:

Que significa…?

Acaricida

Prevén fronte ácaros.
Bactericida

Prevén fronte bacterias.
Fertilizante

Contén nutrintes de forma asimilable polas plantas.
Funguicida

Prevén fronte fungos.
Insecticida

Prevén fronte insectos.
Rodenticida

Prevén fronte roedores.

Se tedes un pequeno horto urbán na casa, xa sabedes! Estes días podedes facer insfusións de cebola e extracto de allo para os vosos cultivos!

Se tedes algunha dúbida escribide polo blog! E así mantemos o contacto hortícolas!

Saúdos!