viernes, 28 de octubre de 2016

Cabazas do Samaín

Vai a ser Samaín nuns días, e como tal é propio tallar cabazas das formas máis orixinais e terroríficas que te poidas imaxinar. O colexio Compañía de María realiza unha actividade que implica a pais e a alumnos, consistente nun concurso de cabazas. Neste concurso, os pais e os alumnos que queiran participar deben tallar cabazas nos seus fogares e levalas á clase. Posteriormente realízase unha voración por clase e gañan as mellores, que son expostas nun terrorífico expositor xunto a entrada. O certo é que os deseños son impresionantes!



Porén, as cabazas son froitos, e como tales, estas terminan podrecendo co paso do tempo. Tras unha semana expostas, a maioría das cabazas colleron mofos e comezaron a macerar. Co fin de aproveitalas e darlle unha segunda utilidade, escolléronse aquelas cabazas deterioradas menos pintadas e usáronse para facer compost, retirando os elementos de metal e plástico. Aquí non se desaproveita nada!


Se queres un consello para que as cabazas duren máis tempo sen podrecer, podedes utilizar o seguinte truco: unha vez baleiredes o interior das mesmas (carne e sementes), probade a introducilas nunha tina con 4 litros de auga e unha culleriña de lixivia. Unha vez a cabaza este empapada ca mistura retirádea da auga e secádea ben. A auga fortalecerá as paredes e a lixivia axudará como antibacteriano e antifúngico, polo que se manterán en perfecto estado durante máis tempo. Espero que vos sexa útil! 

martes, 25 de octubre de 2016

Proxecto enverdecer o colexio

Estes días demos comezo ó proxecto "Enverdecer o colexio", que pretende implicar a toda a comunidade educativa na plantación e na creación de espazos verdes dentro do colexio. Neste proxecto cobran grade importancia os alumnos e alumnas, pois un dos principais obxectivos é educar no coidado da natureza e na concienciación da importancia do medio natural para o ser humano. Así, o alumnado de 2º de Primaria, xunto cos seus profesores, realizou unha actividade de plantación de distintas especies vexetais: espinaca, lentella, chícharo e cenoria. A plantación realizouse por parellas, e cada parella será responsable do coidado da planta até que esta alcance un tamaño axeitado para ser transplantada no horto escolar, incluíndo a este curso nas actividades de horto.



lunes, 24 de octubre de 2016

Observación de estucturas das plantas

Como medio de reforzo e apoio da asignatura de Ciencias Naturais, utilizamos a clase do horto para a visualización en directo e baixo lupa de distintas partes dos vexetais, tales como soros dos fentos, os esporófitos dos musgos, as partes da flor (pétalos, sépalos, estames e carpelo) ou as distintas formas de reproducción asexual (tubérculos, bulbos e estoloóns). Deste xeito conseguiuse unha mellor apreciación visual dos contidos vistos no libro de texto e un aprendizaxe máis significativo.  Ademais o alumnado abraiouse co uso da lupa e disfrutou enormemente da clase.
Partes das plantas que vimos na clase
Alumnos e alumnas usando a lupa

jueves, 20 de octubre de 2016

Compost e plantación dos sementeiros.

Nesta semana comezamos coa realización do compost que nos servirá para a plantación de primavera. O compost é o resultado dun proceso controlado de descomposición de materiais orgánicos debido á actividade de alimentación de diferentes organismos (bacterias, fungos, miñocas, ácaros, insectos, etc.) en presencia de osíxeno.  Este abono orgánico constrúese con  desperdicios orgánicos, residuos de colleitas, follas secas, ramas ou palla, papel e esterco dos animais da granxa (aves, cabalos, vacas, ovellas...).

Para a realización do compost hai que botar os materiais formando capas, e os distintos animais descompoñedores encárganse de transformalo en varios meses en hummus da mellor calidade (de 3 a 6 meses). No seguinte enlace explícase con detalle tódolos pasos a seguir para a realización de compost caseiro, así como os coidados necesarios e os materias que se poden usar: http://huertodeurbano.com/consejos-mr-urbano/como-hacer-compost/.  O compost é moi beneficioso en varios niveis, pois ademais de eliminar os residuos orgánicos do fogar, pode usarse para a plantación de hortalizas ou plantas de flor,  pechando así o ciclo da materia orgánica. 

 
  Alumnas de 3ºB recollendo ramiñas e follas secas para a preparación do compost



Ademais do compost, esta semana comezamos xa coa plantación das sementes para o horto de inverno. Para facer a actividade máis divertida deseñouse unha especie de xogo chamado "Qué estou plantando?" no que, por grupos, teñen que descubrir qué semente hai no seu semillero. Que será, será...

As semillas poden ser de catro especies diferentes (A, B, C ou D), polo que para adiviñalo, o alumnado deberá observar atentamente o crecemento das plantas e anotalo nos seus cadernos. O primeiro que descubra qué planta é gañará un fabuloso premio!!



Alumas e alumnos plantando as "sementes segredas"




martes, 18 de octubre de 2016

Restauración da porta: Fase 2

Tras 15 días de espera ca porta empapada de gasolina e envolta en papel de film, podemos proceder á súa retirada e ó comezo da fase 2: O recubrimento con masilla plástica.


Para que a porta quede lisa e uniforme, recubríronse os múltiples buratiños e deuselle forma a diversas partes da porta xa deterioradas pola humidade. Para iso utilizamos a masilla plástica, un material que, pola súa consistencia semisólida, é doado de traballar con él e que, ó secar, adquire unha dureza considerable. Algúns dos alumnos e alumnas tiveron curiosidade polo que estaba a facer Geli e achegáronse a ela cheos de preguntas e dispostos a axudar en todo o posible. De todo se aprende nesta vida!




Unha vez aplicada a masilla, é conveniente esperar varias horas para que seque e así poder lixar sen ningún imprevisto. Ademais, mentres secaba a masilla, aproveitamos a pintar cunha pintura especial para óxido tódas aquelas partes metálicas xa oxidadas, tanto da porta como da entrada, e incluso pintamos as reixas das ventás!

 

miércoles, 12 de octubre de 2016

Colleita e preparación do terreo

Unha vez vimos todo o que había no horto, comezamos cos traballos de campo para a preparación da nova plantación. Entre eles podemos destacar:


Alumnas de 5ºC retirando as sementes para conservar

- A colleita das hortalizas e aproveitamento das sementes.

Parte da colleita


 






 

- A eliminación das malas herbas e o espallado, que cubrirá o terreo impedindo que broten novas herbas non desexadas e aportará materia orgánica á parcela.




- A aireación e alisado do terreo.

O certo é que esta semana traballamos arreo para deixalo todo listo para a plantación de outono!

lunes, 3 de octubre de 2016

Restauración da porta: Fase 1

Hoxe estivo connosco Geli, preparada para comezar coa fase 1 da restauración da porta do alpendre: A eliminación das polillas
Como se trata dunha porta de madeira antiga é normal que albergue unha serie de diminutos amiguiños que queren facer da súa casa tan acolledora locaclización, as polillas. Isto pode observarse nos numerosos buratiños que presentaba a porta.


Antes de comezar coa restauración, primeiro é necesario eliminar toda vida existente na madeira, pois senón esta seguirase deteriorando co paso dos anos, e o traballo realizado non serviría para nada. 
Para unha eliminación correcta das polillas impregnouse ben toda a porta con gasolina e cubriuse con papel de film, co fin de impedir a entrada de osíxeno. Unha vez sellada co papel de film, é moi importante deixala así polo menos 15 días e, sobre todo, hai que ter coidado con que lle entre osíxeno neses días (cortes no papel de film ou aperturas), pois senón teríamos que volver a repetir o proceso dende o comezo.

Comezando o curso!

Comezamos a primeira semana de outubro  moitas ganas de aprender e con  moita enerxía, pero sobranos que facer!
 Por un lado, temos a horta bastante descoidada, provocada por un sobrecrecemento das malas herbas nos meses veraniegos, cuxas condicións de humidade e temperatura foron as ideais para que esto ocorrese. Porén, antes de recollelo todo, preferiuse baixar ó alumnado para a observación da plantación do ano pasado e para a explicación de conceptos novos para eles.


Por outro lado, este ano temos pensado reformar e acondicionar o alpendre escolar para dotar ó alumnado dunhas mellores instalacións, onde se poidan realizar eficientemente as tarefas destinadas á asignatura horto escolar: plantación das sementes, coidado das plantas, explicación de conceptos, etc. Na mellora das instalacións cabe destacar a organización do material do alpendre, a adquisición de novo material imprescindible para a realización das actividades da asignatura e do proxecto "enverdecer o colexio" (escardas, sachas, taladro, martelos, sustrato vexetal, etc.), e a restauración da porta principal. Para esta tarefa contamos coa axuda de Geli, a nai de dous alumnos matriculados no colexio. A restauración da porta conta con varias fases que iremos explicando a medida que se vaian realizando.