Na natureza fórmase o humus (unha versión
mellorada do compost) moi pouco a pouco nos chans dos ecosistemas pero ¿sabías
que hai outros animais que fan os seus “composteiros"?
Hai un pavo en Australia (Alectura lathami) que forma montóns de materia orgánica misturando excrementos, ponliñas e tódolos restos vexetais que atopa e os usa como niño. ¿Para que? Xa temos falado da calor que pode xerar o compost, pois este paviño tan espabilado aproveitao para incubar os seus ovos.
O pavo Alectura lathami |
O pavo no seu monte de compost |
Tamén os térmites africanos (Macrotermes michaelseni) fan montóns
pequeniños de compost con pulpa de madeira e outros restos, nos seus
termiteiros. Estes animaliños o fan co mesmo propósito ca nós: preparar a terra
para cultivar os seus alimentos.
Os
térmites aliméntanse dun fungo (Termitomyces) que
precisa para medrar un chan ben abonado co compost. Os térmites non só preparan
a terra, tamén podan o fungo e lle dan os coidados que precisa, como auténticas
hortelás.
Térmites no seu xardín de fungos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario