Esta semana os nenos e nenas de 3ºEP comezaron a construír
pluviómetros para poder medir a cantidade de auga que cae os días de choiva,
anotarán eses resultados nunha táboa para poder coñecer ó longo do tempo como é
a precipitación na nosa cidade e en consecuencia no noso horto.
Pluviómetro graduado |
Colocando os pluviómetro no horto para a recollida da chuvia |
Por outra banda, os de 5ºEP fixeron uns calendarios de
sementeira, planificando os cultivos que queren sementar nos próximos meses.
Están moi ilusionados!