Dise que se as
abellas (Apis mellifera)
desapareceran da Terra o resto da vida desaparecería ó pouco tempo.
Isto é debido a que
son as principais polinizadoras do planeta e, polo tanto, as responsables da
reproducción da mayoría de plantas.
Imos aprender un
pouquiño sobre a vida destes insectos tan importantes.
As abellas viven en
colonias que forman colmeas e organízanse nas seguintes castas ou clases
sociais.
- Raíña:
Cada colmea ten unha única abella raíña. É a única femia fértil e, polo tanto,
a nai de tódalas demáis abellas da colmea. ¡Pon máis de 1000 ovos ó día! Pode
reproducirse de forma asexual xerando só machos ou de forma sexual xerando só
femias.As raíñas nacen iguais a calquera outra femia abella pero dende o primeiro día e durante toda a vida son alimentadas só con xelea real. A alimentación é tan importante que non só provoca cambios fisiolóxicos moi aparentes senón que aumenta a vida da abella raíña ata os 4 ou 5 anos, en lugar dos entre 30 e 120 días que vive unha abella obreira. É a única abella que pode picar máis dunha vez sen morrer.
- Abellóns: Ou zánganos (en castelán) son os machos da colmea.A raíña sae nun voo nupcial seguida dos abellóns. O máis forte e rápido será o primeiro en acadala e aparearse pero despois morrerá.Tamén axudan a manter quentiña a colmea para as crías e colaboran na producción do mel. Non poden picar porque só as femias teñen aguillón.
- Obreiras: O resto das femias, as traballadoras da colmea.Pequenas, estériles e cun aguillón aserrado que causa a súa morte se pican ó quedar atorado e desprender o abdomen. As obreiras pasan por distintos “postos de traballo” según a súa idade:
o Limpadoras
da colmea
o Amas
de cría
o Cereiras
ou constructoras de panais
o Almacenadoras
de alimento
o Gardiás
frente a outras abellas (que non abellóns)
o Ventiladoras
que xerán correntes para deshidratar o néctar
o Encargadas
da colleita de néctar, pole, própole e auga
O vídeo seguinte é un exemplo do fermoso sistema de comunicación das abellas, baseado en danzas coas que falan da dirección e distancia á que atopar flores.