jueves, 20 de noviembre de 2014

Que compostar?

Agora que temos o noso composteiro caseiro montado e listo para comezar o proceso de novo preguntámonos ¿Que podemos botar?

Ainda que a longo prazo toda a materia orgánica é susceptible de seres compostada hai algúns productos máis axeitados ca outros, xa sea polos compostos que conteñen ou por algún inconvinte.
Algúns productos vexetais son duros de máis, poden causan reaccións indesexadas, realentizar o proceso ou enriquecer a mistura nun composto que non queremos ter en moita cantidade.


Aquí temos un resumo dos residuos que podemos compostar, os que imos evitar e aqueles cos que, por algún motivos, temos que ter coidado.


Sexa cal sexa o producto que queramos compostar temos que trocealo ó máximo, canto máis pequenos sean os anacos máis rápido será o proceso, pois os microorganismos que descomponen a materia terán o aceso máis fácil.

martes, 18 de noviembre de 2014

O noso compost

No noso hortiño xa temos preparado algo de compost do ano pasado, rico en carozos e peladuras das mazás das nosas maceiras e restos da poda, que aportan moito fósforo, potasio e nitróxeno.

Para facelo tomamos, a modo de composteiro, dous capachos de uns 80 litros de capacidade cada un os que lle fixemos un buratos na parte baixa que permiten saír a auga sobrante. Puxemos uns soportes e unhas tablas de madeira a modo de tapas e ¡voilà! Xa temos composteiro, fácil e todo reutilizado.

Sabemos que o compost está listo para ser usado cando ten un aspecto máis ou menos homoxéneo, non podemos distinguir con que se formou e ten un cheiro a humus ou mantillo que non resulta molesto. Para saber se ten o punto perfecto de humidade temos a proba do puño.Collemos un puñado do compost e o apretamos un pouco, ten que quedar compacto pero sen rebosar auga. Se a auga nos escorrega pola man está demasiado húmido e se queda todo disgregado está moi seco.


O noso compost quedou un pouco húmido de máis pero dentro do aceptable, especialmente tendo en conta o húmido que é Santiago.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Compostaxe

Video sobre como elaborar compost casero a partires de materia orgánica de refugallo.

A compostaxe é un proceso que nos permite reciclar os residuos de materia orgánica que producimos nos nosos fogares e na horta convertindoós nun fantástico abono para facer medrar as nosas prantas fortes mediante a descomposición dos mesmos.
Esta descomposición é a mesma que ten lugar de forma habitual na natureza só que deste xeito podemos usala para reciclar os nosos residuos e controlar tódolos factores para que teña lugar en menos tempo, máis cantidade e sexa rica nos compostos que precisan os nosos cultivos.

A materia orgánica descomponse de tal xeito que quedaremos só co 30% do peso dos residuos en forma de abono. Deste xeito por cada 100 quilos de produtos de refugallo orgánicos que vertamos no noso composteiro obteremos só 30 quilos de compost.
Hai moitas técnicas para facer compost: temos a compostaxe por capas, facendo niveis de distintos materiais; a vermicompostaxe, na que nos valemos das miñocas de terra;  a que se fai en sofisticadas composteiros e a que se leva a cabo amontoando os residuos…
Segundo a técnica coa que levemos a cabo a compostaxe e as condicións atmosféricas podemos tardar dende menos de 3 meses a máis de 9 e a pila pode chegar a acadar temperaturas de ata 70 graos, aínda que podemos chegar a formalo sen que se eleve tanto. As variacións de temperatura débense ás distintas especies de bacterias que van a descompoñer a materia.


As bacterias non son os únicos seres vivos que nos van axudar neste proceso. Xa falamos das miñocas, que sempre son benvidas, pero tamén os vermes, nematodos, protozoos, ácaros e arañas, lesmas e caracois interveñen para facer un bo compost. Pese toda esta axuda é bó que nós removamos a mestura de cando en cando, una vez por semana, por exemplo. Tamén debemos estar pendentes da humidade, manténdoa intermedia.

miércoles, 29 de octubre de 2014

Curso de blogs

Dentro da colaboración e formación do Programa de Voz Natura, no mes de novembro, temos un curso de "Integración de blogs en proxectos ambientais de centros educativos".
Este curso celebrarase os días 11, 12 e 13 de novembro do 2014 na Aula de informatica do Edificio Cersia en San Lázaro. Horario de 18 a 21 horas.
É libre e gratuito e homologado para profesores.
Participaremos dous mestres do colexio: Marta e Tito

O blog do horto queda enlazado no blog do programa Voz Natura.
O enlace é o seguinte:
Blog Voz Natura

miércoles, 1 de octubre de 2014

Actividade complementaria

No curso 2014-15, 3º e 5º de Primaria contará coa actividade complementaria de horto escolar, dentro do horario escolar de 1 h semanal, que este ano será impartida pola profesora Marta Riveiro que sustitúe a nosa querida Rebeca Barral, que no curso anterior colaboraba co proxecto da horta do colexio, grazas a Fundación Solidaria para a Formación e Emprego creada pola Escola de Pais/Nais.
Marta conta cunha beca do colexio para levar a cabo a actividade regularmente e semanalmente dende outubro a xuño.
O coordinador do proxecto outro ano máis serei eu, Tito.

jueves, 25 de septiembre de 2014

Comezo de un novo curso, comezo dun novo proxecto medioambiental

Dende o 10 de setembro comezou un novo curso, e por tanto un novo proxecto medioambiental co horto escolar.Continuamos a labor do curso pasado e vamos un pouco máis aló cos obxectivos propostos.
Este curso contamos coa axuda e o patrocinio do Programa Voz Natura do xornal A Voz de Galicia.
Queremos darlles as grazas en nome de toda a Comunidade Educativa: alumnos, pais e nais, dirección, profesores e PAS, por ternos en conta e incluirnos no seu programa. GRAZAS!!!
Contamos coa súa axuda a nivel técnico, de formación e económico para levar a cabo as actividades e tarefas do noso proxecto.

Neste blog iremos contando as diversas actividades, xornadas, saídas e aprendizaxes que realizaremos no curso escolar 2014-2015.

Próximamente publicaremos todo o referente ao horto escolar e o seu proxecto. Esperamos dar comezo a primeiros de outubro.

lunes, 26 de mayo de 2014

Loita ecolóxica contra os parásitos e enfermedades da horta

As hortalizas da nosa horta, coma todo ser vivo, precisan dunha boa alimentación para crecer en bo estado e previr distintas enfermidades, carencias nutritivas ou ataques de diversos parásitos; polo que levamos a cabo distintos tratamentos ecolóxicos para combatir os principais problemas que perxudican os nosos cultivos.

Aquí deixamos un exemplo do que fixeron os alumnos:

-Infusión de allo (Allium sativum): Para a elaboración emprégase o bulbo da planta, e é usado contra as enfermidades criptógamas (fungos), bacterianas, ácaros e pulgóns. Pulverízase sobre as plantas e o solo.

-Infusión de cebola (Allium cepa): Para a elaboración emprégase o bulbo da planta. O seu uso é contra enfermidades de orixe criptógamo. Pulverízase sobre as plantas e o solo.

-Infusión de ortigas (Urtica dioica e U. ures): Emprégase toda a planta con excepción da raíz. Estimula o crecemento contra a clorosis (coloración amarela pola insuficiente produción de clorofila nas follas) e contra pulgóns.



                        Alumn@s de 6ºA esmagando as cebolas e os allos nos morteiros.


                    Despois de quentala auga, facer as mesturas e os respectivos etiquetados.



                                                      Deixando macerar as infusións.



  Alumn@s de 6ºC empregando a infusión de ortigas contra as carencias nutritivas dos cabacíns.



            Alumn@s de 6ºB empregando a infusión de ortigas contra a clorosis dos cabacíns.

jueves, 15 de mayo de 2014

Fotos de algúns grupos

Estas fotos corresponden a algúns grupos que participan dalgunha maneira no proxecto da horta escolar, con diferentes actividades ben no horto, na aula ou no laboratorio de ciencias.
Iremos poñendo algunha máis a longo deste mes de maio.

4ºB e a súa titora Anxela

4ºC e Alba

4ºA e Maite

Os meus alumnos de 6ºA

6ºB e Carmen

6º C e falta o profe Pedro!!

4º de Infantil co titor Carlos

4º de Infantil e Mercedes

4º de Infantil e Xabier

 5ºA coa súa titora Iria

5ºB e tampouco esta a titora!!! Elena

5ºC sen Lucía!!

miércoles, 14 de mayo de 2014

Visita de Don Xulián Barrio, arcebispo de Santiago

Hoxe mércores 14 de maio tivemos o honor de recibir a visita do Monseñor Xulián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela. A súa estadía no centro débese á iniciativa do colexio, Escola de Pais/Nais, e a Asociación  Solidaria para o Emprego e a Formación coa creación do horto escolar, no cal colaboran pais/ nais, Caixa e Cáritas, entre outros.
Na súa visita poido comprobar en situ e charlar cos alumn@s que participan nel sobre esta experiencia moi enriquecedora. 
Poido tamén,  ver un PPT coas imaxes da evolución e traballo realizado por todos eles, ademáis de escoitar aos nenos sobre as vivencias e reflexións que lle aporta este tipo de proxectos e finalmente, visitar o horto onde "certificou" as aprendizaxes, vivencias, ilusións feitas realidade cos cultivos, plantas, frutais, talleres, reciclaxe, coidados, crecemento e todas aquelas tarefas desenroladas ben na horta, no laboratorio ou no alpendre polos diversos cursos dende Infantil a Primaria. Durante o encontro os nen@s agasallaron aos asistentes con flores (rosas), e marcapáxinas con frases de desexos, soños, palabras, ideas que adornan o acivro. Para finalizar o acto Don Xulián Barrio deixounos a súa pegada co plantado na horta dunha árbore: un aguacate.

Dar as grazas a todos os que colaborades en nome dos nenos, de Rebeca, dos profesores e de mín por esta iniciativa tan motivadora e interesante para a formación, a educación dos nosos alumn@s fora da aula formal e que lles axudará a crecer como persoas de ben, íntegras, ecoloxistas, sensibles e solidarias.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes.

miércoles, 7 de mayo de 2014

FICHEIRO DA HORTA

Nesta nova entrada faremos un ficheiro das plantas, hortalizas, flores e árbores que temos na horta do colexio.Intentaremos por os nomes científicos (xénero e especie), en galego, castelán e inglés.
Árbores frutais e non frutais, arbustos, plantas:

Árbores frutais:
01.-Limoeiros. Limonero (citrus limón)
02.-Maceiras: Malus floribunda (Manzano de flor)  
e maceira brava ( Malus sylvestris (Manzano)
03.-Marmeleiro (Cydonia oblonga (Membrillero, Membrillo)
04.-Figueira (Ficus carica (Higuera)
05.-Pereira (Pyrus cordata (peral)
06.-Kiwi, kivi (Actinidia A.Deliciosa, Lulo, Kiwi)
07.-Pesegueiro Prunus persica alba plena (Melocotonero de flor).
08.-Laranxeira: naranjo (citrus sinensis)
09.-Ameixeira.Prunus sp. (Ciruelo)
10.-Ameixeira vermella, (Ciruelo rojo).



Árbores, arbustos e outros:
01.-Acivro, acevo, rascacú.. (Ilex aquifolium (xardón, Acebo).
02.-Amieiro-común (Alnus glutinosa, Aliso) 
03.-Vidoeiro (Betula alba (Bidolo, Abedul).
04.-Cipreste (Cupresus sempervirens stricta (Acipreste, ciprés piramidal) 
05.-Faia (Fagus sylvatica (Haya))
06.-Hedra (Hedera helix (Hiedra) 
07.-Loureiro (Laurus nobiles (Laurel).
08.-Lavanda. Lavandula pedunculata (Lavanda).
09.-Herba Luísa (Lippia citriodora (Hierba luisa) .
10.-Enredadeira. (Lonicera etrusca (Madreselva arborea) 
11.-Cana de Bambú. (Phyllostachys viridiglaucescens (Bambú)
12.-Carballo, alvariño (Quercus robur (Roble)
13.-Sobreira ou corticeira (Quercus suber, Alcornoque) 
14.-Roseira: Rosa sp. (Caraveleira, Rosal) 
15.-Romero (Rosmarinus officinalis (Romeo, Romero)

16.-Ruda (Ruta graveolens (Ruda)
17.-Salgueiro (Salix caprea (Sauce).
18.-Salvia officinalis (Xarxa, Salvia) Salva,
19.-Sabugeiro (Sambucus nigra (Sauco).
20.-Tuia (Thuja occidentalis (Tulla)
21.-Castiñeiro (Castanea sativa Miller, Castaño)
22.- Ortiga: herba do cego, urtiga, estruga, (ortiga mayor) 

Exemplo do castiñeiro:(nome científico: castanea sativa miller 


Reino: Plantae
Clase: Anxiospermas
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae.
Xénero: castanea
Especie: C. sativa




Hortalizas e verduras:
1.-Pementos de Padrón.(Pimientos )
2.-Leitugas varias (lechuga).
3.-Fabas (Habichuelas)
4.-Tirabeques
5.-Calabacíns (Calabacines)
6.-Cabazas (calabazas)
7.-Cebolas brancas (cebollas, onyon)
8.-Cebolas do país
9.-Cebolas moradas
10.-Cebolos
11.-Sandías (watermelon)
12.-Perexel (Perejil)
13.-Apio
14.-Tomates Cherry
15.-Cenoiras (Zanahorias)
16.-Guisantes 
17.-Patacas (Patatas)
18.-Millo (maiz)
19.-Fresas 
20.- Menta
21.-Orégano
22.-Romero
23.-Cilantro
24.-Melisa