No noso hortiño xa
temos preparado algo de compost do ano pasado, rico en carozos e peladuras das
mazás das nosas maceiras e restos da poda, que aportan moito fósforo, potasio e nitróxeno.
Para facelo tomamos,
a modo de composteiro, dous capachos de uns 80 litros de capacidade cada un os
que lle fixemos un buratos na parte baixa que permiten saír a auga sobrante.
Puxemos uns soportes e unhas tablas de madeira a modo de tapas e ¡voilà! Xa
temos composteiro, fácil e todo reutilizado.
Sabemos que o compost
está listo para ser usado cando ten un aspecto máis ou menos homoxéneo, non
podemos distinguir con que se formou e ten un cheiro a humus ou mantillo que
non resulta molesto. Para saber se ten o punto perfecto de humidade temos a
proba do puño.Collemos un puñado do compost e o apretamos un pouco, ten que
quedar compacto pero sen rebosar auga. Se a auga nos escorrega pola man está
demasiado húmido e se queda todo disgregado está moi seco.
O noso compost
quedou un pouco húmido de máis pero dentro do aceptable, especialmente tendo en
conta o húmido que é Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario