Hoxe mércores 14 de maio tivemos o honor de recibir a visita do Monseñor Xulián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela. A súa estadía no centro débese á iniciativa do colexio, Escola de Pais/Nais, e a Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación coa creación do horto escolar, no cal colaboran pais/ nais, Caixa e Cáritas, entre outros.
Na súa visita poido comprobar en situ e charlar cos alumn@s que participan nel sobre esta experiencia moi enriquecedora.
Poido tamén, ver un PPT coas imaxes da evolución e traballo realizado por todos eles, ademáis de escoitar aos nenos sobre as vivencias e reflexións que lle aporta este tipo de proxectos e finalmente, visitar o horto onde "certificou" as aprendizaxes, vivencias, ilusións feitas realidade cos cultivos, plantas, frutais, talleres, reciclaxe, coidados, crecemento e todas aquelas tarefas desenroladas ben na horta, no laboratorio ou no alpendre polos diversos cursos dende Infantil a Primaria. Durante o encontro os nen@s agasallaron aos asistentes con flores (rosas), e marcapáxinas con frases de desexos, soños, palabras, ideas que adornan o acivro. Para finalizar o acto Don Xulián Barrio deixounos a súa pegada co plantado na horta dunha árbore: un aguacate.
Dar as grazas a todos os que colaborades en nome dos nenos, de Rebeca, dos profesores e de mín por esta iniciativa tan motivadora e interesante para a formación, a educación dos nosos alumn@s fora da aula formal e que lles axudará a crecer como persoas de ben, íntegras, ecoloxistas, sensibles e solidarias.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario