A compostaxe é un
proceso que nos permite reciclar os residuos de materia orgánica que producimos
nos nosos fogares e na horta convertindoós nun fantástico abono para facer
medrar as nosas prantas fortes mediante a descomposición dos mesmos.
Esta descomposición
é a mesma que ten lugar de forma habitual na natureza só que deste xeito
podemos usala para reciclar os nosos residuos e controlar tódolos factores para
que teña lugar en menos tempo, máis cantidade e sexa rica nos compostos que
precisan os nosos cultivos.
A materia orgánica
descomponse de tal xeito que quedaremos só co 30% do peso dos residuos en forma
de abono. Deste xeito por cada 100 quilos de produtos de refugallo orgánicos
que vertamos no noso composteiro obteremos só 30 quilos de compost.
Hai moitas técnicas
para facer compost: temos a compostaxe por capas, facendo niveis de distintos
materiais; a vermicompostaxe, na que nos valemos das miñocas de terra; a que se fai en sofisticadas composteiros e a
que se leva a cabo amontoando os residuos…
Segundo a técnica
coa que levemos a cabo a compostaxe e as condicións atmosféricas podemos tardar
dende menos de 3 meses a máis de 9 e a pila pode chegar a acadar temperaturas
de ata 70 graos, aínda que podemos chegar a formalo sen que se eleve tanto. As
variacións de temperatura débense ás distintas especies de bacterias que van a
descompoñer a materia.
As bacterias non son
os únicos seres vivos que nos van axudar neste proceso. Xa falamos das miñocas,
que sempre son benvidas, pero tamén os vermes, nematodos, protozoos, ácaros e
arañas, lesmas e caracois interveñen para facer un bo compost. Pese toda esta
axuda é bó que nós removamos a mestura de cando en cando, una vez por semana,
por exemplo. Tamén debemos estar pendentes da humidade, manténdoa intermedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario