As hortalizas da nosa horta, coma todo ser vivo, precisan dunha boa alimentación para crecer en bo estado e previr distintas enfermidades, carencias nutritivas ou ataques de diversos parásitos; polo que levamos a cabo distintos tratamentos ecolóxicos para combatir os principais problemas que perxudican os nosos cultivos.
Aquí deixamos un exemplo do que fixeron os alumnos:
-Infusión de allo (Allium sativum): Para a elaboración emprégase o bulbo da planta, e é usado contra as enfermidades criptógamas (fungos), bacterianas, ácaros e pulgóns. Pulverízase sobre as plantas e o solo.
-Infusión de cebola (Allium cepa): Para a elaboración emprégase o bulbo da planta. O seu uso é contra enfermidades de orixe criptógamo. Pulverízase sobre as plantas e o solo.
-Infusión de ortigas (Urtica dioica e U. ures): Emprégase toda a planta con excepción da raíz. Estimula o crecemento contra a clorosis (coloración amarela pola insuficiente produción de clorofila nas follas) e contra pulgóns.
Alumn@s de 6ºA esmagando as cebolas e os allos nos morteiros.
Despois de quentala auga, facer as mesturas e os respectivos etiquetados.
Deixando macerar as infusións.
Alumn@s de 6ºC empregando a infusión de ortigas contra as carencias nutritivas dos cabacíns.
Alumn@s de 6ºB empregando a infusión de ortigas contra a clorosis dos cabacíns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario