viernes, 2 de diciembre de 2016

Transplante das plántulas

Continuamos co proxecto "enverdecer o colexio". Estes días o alumnado de 2º de Primaria e  o alumnado de 3º de 5º de Primaria, baixou ó horto para realizar a actividade de transplante das hortalizas sementadas fai unhas semanas. Estas plantas mantivéronas nas súas clases durante 3 ou 4 semanas e os alumnos e alumnas de cada clase déronlle os coidados necesarios e observaron como medraban e cambiaban de forma.
Como xa alcanzaran un tamaño axeitado, baixamos ó horto para realizar a actividade de transplante. As diversas hortalizas transplantáronse nos invernadoiros, que lle darán acubillo e unha temperatura favorable para o seu correcto desenvolvemento. Poderemos comer todo o que plantaron os nosos pequenos horticultores?

No hay comentarios:

Publicar un comentario