Boas tardes!
Estas últimas semanas de Decembro estanse a celebrar no colexio unhas xornadas sobre ciencia encamiñadas a que os máis pequenos experimenten por sí mesmos e den os seus primeiros pasos no mundo da ciencia e do coñecemto científico. Así, decidiuse realizar, nas horas destinadas a horto escolar, unha serie de experimentos que siguen esta finalidade.
En 5º de Primaria, interesábanos que o alumnado coñecese a forma de proceder en ciencia, into é, realizando preguntas e chegando a conclusións a partir de experimentación. Deste xeito, realizouse unha práctica cuxa principal pregunta a responder era: Por qué cambian de cor as follas en Outono?
Para que desen coa solución, dividíruse o alumnado en 3 grupos mixtos e a cada grupo cedéronselle unha folla de cada cor: verde, amarela e vermella.
Con estas follas o alumnado debería aplicar a técnica de cromatografía, isto é, de separación dos pigmentos contidos nas mesmas a partir da adsorción da fase líquida (resultante de esmagar as follas nun morteiro con alcohol) a unha fase sólida (papel de filtro).
Por último, e á luz dos resultados, foise guiando ó alumnado con distintas preguntas (Qué cores observas no papel de filtro en cada unha das follas? Por qué cores van pasando as follas no Outono? Que condicións hai en Outono diferente das de verán?) ata que derán ca resposta.
Eles rematárono decubrindo... Tí aínda non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario