miércoles, 28 de diciembre de 2016

2016 Ano internacional dos legumes


Antes de pechar o ano, gustaríame recodarvos que este 2016 foi proclamado pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) como o "Ano Internacional dos legumes".


Qué son os legumes? 
 Son un tipo de cultivo anual que produce entre un e doce grans ou sementes de tamaño, forma e cor variable dentro dunha vaina. Exemplos de legumes son as lentellas, os guisantes, as fabas, as xudías, os garabanzos...

Cáles son os obxectivos da FAO?
  1. Sensibilización do importante papel das leguminosas na produción sostible de alimentos, así como a súa contribución á seguridade alimentaria e á nutrición
  2.  Promover o valor e o uso de leguminosas no sistema alimentario, ademais dos seus beneficios para a fertilidade do solo e para a loita contra o cambio climático
  3. Fomentar  unha maior produción de hortalizas, incentivar a investigación e afrontar os retos do comercio de vexetais.
Cáles son os beneficios dos legumes?
  1. Axudan a reducir o colesterol e a hipertensión e son baixos en grasa; polo que disminúe o risco de padecer enfermidades cardiovasculares e obesidade.
  2. Presentan vitaminas C e E que axudan a fortalecer os ósos e o sistema inmune.
  3. Diminúen o risco de padecer cáncer.
  4. Axudan a fixar nitróxeno, un elemento necesario para o crecemento das plantas.
  5. Melloran a estructura do chan gracias á penetración das súas raíces
  6. As súas flores atraen a gran cantidade de insectos polinizadores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario