viernes, 16 de diciembre de 2016

Ampliación do estanque

Aproveitando estes inusuais días outonais de sol e ceos despexados, baixamos ó horto para continuar cun dos proxectos comezados o ano pasado: a creación e ampliación dun estanque artificial. Con este propósito, o alumnado de 5º e 3º de Primaria enfundouse nas súas catiuscas e comezaron a cavar tanto ó ancho como en profundidade. Estes non pararon nin para descanasar!!
Agora o estanque está collendo forma, e xa se está discurrindo a mellor maneira de impermeabilizar o fondo así como as distintas especies vexetais que formarán parte deste ecosistema acuático.

Un estanque trae moitos beneficios para o horto, pois nel críase fauna que actúa eficazmente contra as pragas que se desenvolven con frecuencia nos froitos e verduras. Ademais, é unha boa forma de que o alumnado comprenda os compoñentes e as diversas interaccións que ocorren nun ecosistema natural.

Déixovos aquí un enlace onde se comentan tódolos beneficios de ter un estanque no horto e un vídeo dos nosos cativo traballando:
http://nenolabrego.blogspot.com.es/2014/02/beneficios-de-tener-un-estanque-en.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario