Para un dos invernadoiros utilizamos aros de hula-hoop rotos, que introducimos na terra escavando a unha profundidade duns 50 cm. Posteriormente, colocamos unha malla antiherbas, para evitar o crecemento de plantas non desexadas e despois unimos os aros con talos de bambú e cinta americana. Por último, cubrimos o invernadoiro dun plástico transparente (que permite o paso de luz solar pero dificulta a súa saída, provocando así o aumento de temperatura na zona interior).
O outro invernadoiro construímolo reutilizando botellas de auga
de 1,5 L. Deste modo os alumnos e alumnas aprenden unha forma de
reutilizar un dos residuos máis abundantes e contaminantes do planteta: O
plástico. En primeiro
lugar, constrúimos torres de tres botellas, cortando o cu de dúas botellas e
xuntándoas entre sí e con unha terceira (sen cortar). Para a unión das botellas utilizamos cinta americana.
Posteriormente, estas torres utilízanse como paredes do invernadoiro, cravando
antes ramas de bambú no chan e introducindo as torres unha a unha. Para darlle
unha maior suxeición, únense todas as botellas con cordel ou arame. Neste caso construímos tres paredes de botellas, e deixamos un lado do invernadoiro libre. Este lado
será cuberto cun plástico de invernadoiro, ó que se colocará unha rama de bambú no seu extremo para que actúe a modo de curtina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario