Bos días hortícolas!
Este mes toca quedarnos na casiña por
mor do coronavirus, polo que non podemos saír a coidar dos nosos cultivos pero,
o que si podemos facer é seguir aprendendo sobre o seu coidado.
Como xa sabedes , o horto do colexio e
ecolóxico… Que quere dicir isto?
Este termo fai referencia á ecoloxía, ciencia
que estuda a relación dos seres vivos co seu entorno. Ecoloxía provén das
palabras gregas oikos (casa) e
logos (estudo), polo tanto a ecoloxía
é a ciencia que estuda o noso fogar.
E que é ecolóxico? Un produto ecolóxico é
aquel que foi elaborado sen dano para o medio ambiente, a saúde ou o benestar;
tanto animal coma vexetal.
Así pois, deíxovos unhas receitas
para preparar infusións e outros preparados ecolóxicos que nos axudarán a protexer
os nosos cultivos.
Pero...cales son os beneficios destes preparados?
PURÍN DE ORTIGAS
|
Acarcida
Insecticida
Fertilizante
Funguicida
|
INFUSIÓN DE CEBOLA
|
Funguicida
Insecticida
|
EXTRACTO DE ALLO
|
Acaricida
Bactericida
Funguicida
Insecticida
Rodenticida
|
Lenda:
Que significa…?
|
Acaricida
|
Prevén fronte ácaros.
|
Bactericida
|
Prevén fronte bacterias.
|
|
Fertilizante
|
Contén nutrintes de forma asimilable
polas plantas.
|
|
Funguicida
|
Prevén fronte fungos.
|
|
Insecticida
|
Prevén fronte insectos.
|
|
Rodenticida
|
Prevén fronte roedores.
|
Se tedes un pequeno horto urbán na casa, xa sabedes! Estes días podedes facer insfusións de cebola e extracto de allo para os vosos cultivos!
Se tedes algunha dúbida escribide polo blog! E así mantemos o contacto hortícolas!
Saúdos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario