*Deixovos
aquí unha breve explicación das tarxetas que fixemos fai un tempo, por se
queredes completalas na casa.
Os pigmentos son
unhas moléculas que absorben e reflexan luz, é así
como producen as cores.
A
clorofila é o pigmento principal das follas das plantas,
necesario para facer a fotosíntese. Este pigmento absorbe
todas as cores da luz excepto a verde, que é reflexada, por
iso as plantas teñen esa cor.
Pero
as plantas tamén teñen outros pigmentos que reflexan outras cores,
os máis comúns son:
- Carotenos:
Dan cores laranxas ou marróns. Son moi abundantes nas
cenoiras.
- Xantofilas
(ou luteínas): Dan as cores amarelas tan abundantes no outono.
- As antocianinas proporcionan unha ampla gama de cores, dende vermellos, morados ata azuis, dependendo do pH da planta. Podemos ver a súa presenza nos pétalos das flores.
As follas presentan maioritariamente estas cores no outono porque é cando comezamos a ter menos periodos de luz e polo tanto prodúcese menos cantidade de clorofila, e van
xurdindo novas cores que estaban enmascaradas.
Un
saúdo hortícola para tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario