Este mes rematamos os nosos
traballos de investigación no laboratorio. Algúns deles presentarémolos ó concurso Luis Freire de
Investigación Científica na Escola que organizan os Museos Científicos
Coruñeses. Déixovos aquí o enlace por si queredes visitar a súa web e botar un ollo ás actividades de divulgación
científica tan interesantes que fan durante todo o ano:
Aquí tedes algunhas das imaxes
dos traballos que realizaron os rapaces seguindo o método científico:
- Estudo científico-artístico “Os habitantes do horto”
Os alumnos fixeron un colaxe para
explicar nunha presentación os seus compañeiros toda a información obtida na
investigación sobre os habitantes do horto.
Mural final do colaxe |
- Estudo sobre “Os caracois”
Despois de investigar sobre o seu
xénero descubrimos que son hermafroditas e poden actuar tanto de macho coma de
femia. Aproveitando os terrarios decidimos observar que clase de alimentos lles
gustaba máis e como era a cor das súas defecacións dependendo da súa
alimentación.
- Estudo sobre “O pH do zume das plantas”
Collemos distintas hortalizas do
horto e fixemos unha extracción do zume desas plantas. Despois empregamos un
bioindicador natural que fixeron os alumnos, caldo de col lombarda, para comprobar cal era o pH de cada unha
delas e na clase fixemos o tratamento dos datos. Podemos afirmar que roldan
entre un pH neutro e básico, moi axeitado para o noso terreo.
Preparando o bioindicador
- Estudo sobre “ O rego das plantas”
Comprobamos con distintas cantidades de auga que: As
nosas macetas, cheas de substrato, non precisan máis de 40 mL de auga,
pois o resto pérdese polos buratos da maceta. E agora tamén sabemos que regando
as plantas dúas veces á semana e suficiente para o bo desenrolo da mesma.
Seguiremos investigando e actualizando o blog con máis cousiñas.
Ata o mes que ven compañeir@s!
Calculando a auga que quedaba retida na maceta |
Seguiremos investigando e actualizando o blog con máis cousiñas.
Ata o mes que ven compañeir@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario