A meteoroloxía é a
ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que se producen nela, polo
que nos permíte predicilo tempo.
No horto precisamos
coñecelo tempo para planificar as labores pertinentes en cada momento pero… como podemos predicilo tempo?
As nubes fórmanse no ceo pola condensación do aire. A temperatura de condensación determinará
o tipo de nube que se formará. Clasifícanse
segundo o seu desenrolo; poden ser altas, medias, baixas e verticais,
dependendo da altitude á que se encontren.
Aquí vos deixo un póster interactivo co tipo de nubes que podemos
atopar no ceo, cunha breve descrición do que nos indican. Así poderemos facer unha interpretación meteorolóxica!!
Só tedes que facer un click aquí: MeteoNubes
Estes días, vai a estar o tempo cambiante, podedes dedicar uns
minutiños a observar o ceo desde a vosa ventá e, coa axuda do póster, clasificar
os tipos de nubes que vedes e facer unha predición do tempo.
Boa semana meteorólog@s!!
Referencias e fotografías:
Aguado, E., Burt, J. (2015). Understanding
Weather and Climate. EEUU: Pearson.
No hay comentarios:
Publicar un comentario