lunes, 2 de octubre de 2017

BENVIDOS!




Ola a todos e benvidos! 

O novo curso escolar xa comezou e con el poñemos en marcha por quinto ano consecutivo o horto do colexio. Este ano os alumnos e alumnas de 3º e 5º de educación primaria dispoñen dunha hora complementaria para a actividade de Horto, pero non soamente se beneficiarán eles das actividades no horto, se non que, como levamos facendo ano tras ano,intentaremos traballar no horto co resto dos cursos da educación primaria. 

A idea é un horto como ferramenta educativa. Un lugar onde facilitar a aprendizaxe de temas ambientais e de aspectos da ciencia en xeral, ademais de traballar a educación ambiental e entender as relacións do ser humano coa natureza.

Iremos contando no blog todo o que acontece no horto e no laboratorio!

Aquí vos deixo unha imaxe de como se encontra o horto nestes momentos. Temos moito traballo por diante.

Saúdos!
 
 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario