Nesta semana baixamos ó horto para que os rapaces observaran o estado de
conservación despois de estar todo o verán sen os coidados necesarios de
mantemento, e falamos das tarefas que teriamos que levar a cabo para poñelo en
marcha.
Como xogo de apertura para as nosas aulas os alumnos fixeron equipos e
dividíronse por parcelas para descubrir as distintas especies arbóreas e os
diferentes cultivos que temos no horto para finalizar poñendo en común coa clase todo o identificado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario