Por mor das chuvias (benvidas son) esta semana traballamos no laboratorio
coñecendo un pouquiño o solo e a súa importancia. Para isto traballamos co
concepto de permeabilidade, observándoa nas
diferentes capas polas que está composto o solo facendo un experimento, pasando
auga polos distintos materiais que o conforman e observando o que sucede, e
relacionamos o observado coa necesidade da auga para as plantas.
Ademais cos alumnos de 5º de EP observamos distintas estruturas vexetais ó
microscopio e tamén á lupa, e observamos a fotosínteses no musgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario