viernes, 26 de mayo de 2017

Hotel de bichos

Como remate final do proxecto "bechos" decidimos construír unha zona no horto que atraiga insectos beneficiosos para nós.

  -  Qué insectos atrae esta estructura? O hotel para bichos está consturído de tal forma que se favorezcn refuxios para uns determinados insectos que nos interesen, como poden ser as abellas, as tixeretas, os cempés, os escaravellos, as arañas de xardín ou as crisopas.

  -  Qué fan estes insectos por nós? Pois ben, estes insectos encárganse tanto de polinizar as plantas do horto como previlas de certas pragas, como pode ser o pulgón, pois aliméntanse de insectos que causan estragos nas nosas colleitas.

  -  Qué facemos nós por eles? Construímoslles múltiples refuxios onde poidan habitar de maneira permanente ou transitoria, sen preocupárense por que os devoren animais máis grandes. Para iso utilizamos palla, pedras, tellas, ladrillos, madeira, paus de podas...

O resultado é un resort  con tódalas comodidades para os nosos pequenos amigos.

Montando a estrutura

Podando o bambú para despois cortalo


Enchendo ladrillos con palla


Seleccioanando os paus
Facendo refuxios con grava

Colgando macetas con palla


Hotel finalizado

No hay comentarios:

Publicar un comentario