Estamos a experimentar unha serie de novos cambios nos nosos dominios:
- O máis fermoso deles é o relativo ós nosos
cultivos. Estes estan a medrar que da gusto. Á maioría deles xa lles podemos ver a flor e algúns xa botaron froito, como é o caso dos chícharos ou os amorodos. Qué boa pinta teñen!
 |
| Apañando as nabizas |
 |
| Patacas e bolboreta |
 |
| Amorodos |
 |
| Flor de cabaciño |
 |
| Vainas de chícharos |
- O outro cambio é que rematamos de pintar o alpendre por dentro! Levounos unha semaniña de esforzo, pero valeu a pena. O cambio é impresionante e a cor branca permite que se sexa un espazo máis luminoso no que poder traballar. Agora só queda pintalo por fora, para que o cambio sexa completo.
 |
| Alpendre sen pintar |
 |
| Empezando a pintar |
 |
| Alpendre xa pintado |
No hay comentarios:
Publicar un comentario