miércoles, 24 de mayo de 2017

Experimentos de laboratorio con 3º

Esta semana levamos ós alumnos e alumnas de 3º  ó laboratorio de novo, para realizar dous experimentos que tanto lles gustan:
  -  Maxia con cores: Neste sinxelo experimento, explicado paso a paso nos vídeos que vos deixo a continuación, obsérvase o cambio de cor nos líquidos utilizados como resultado das reaccións químicas que teñen lugar entre os compostos disoltos neles.

 
Parte 1
 


                                                                       Parte 2

- Inflar un globo sen soplar: Para iso utilízase únicamente bicarbonato e vinagre. Primeiro introducimos o bicarbonato no globo que queremos inflar. Despois enchemos o cú dunha botella de pequena con vinagre. Por último, vaciamos o contido do globo na botella e... globo inflado! Deixovos un link cos pasos a seguir, para que o probedes na casa. https://www.youtube.com/watch?v=tcmJSvWqDRw


No hay comentarios:

Publicar un comentario